Glicinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As glicinias ou wisterias son plantas rubideiras pertencentes ao xénero Wisteria e á familia Fabaceae.

Distribución[editar | editar a fonte]

Son nativas do leste de Estados Unidos e de países do leste de Asia tales coma a China, Corea e o Xapón. Moi estendidos en xardinería pola beleza das súas flores en acios pendurados e cun recendo moi agradábel. Comúns nos xardíns privados de Galicia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son arbustos leñosos de hábito gabeador. Cultívanse como plantas de decoración por mor aos seus acios de flores primaverais e á súa mesta follaxe. Segundo as variedades, as flores son violetas, azuis ou albas. A longura das inflorescencias varía de 10 cm a un metro da Wisteria floribunda ‘Macrobotryes’. O nome Wisteria provén do doutor Caspar Wistar, un anatomista da universidade de Pensilvania. Algunhas variedades son perfumadas, e entre estas, as variedades son ‘Rosea’ ou ‘Jacko’. Os grans son tóxicos. A especie máis sonada á a Wisteria sinensis (Sims) Sweet, a glicinia chinesa, amplamente cultivada en Europa occidental. Outra especie frencuente á a Wisteria floribunda (Willd) DC., a glicinia do Xapón.

As plantas desta especie usan as súas pólas para agatuñar sobre outras plantas, enrolando as pólas en sentido igual ou contrario ás agullas do reloxo, tomando como soporte. Poden gabear até 20 metros sobre o chan e uns 10 metros lateralmente.

Especies[editar | editar a fonte]