Glaucófitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glaucófitas
Glaucocystis sp.
Glaucocystis sp.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Archaeplastida
Filo: Glaucophyta
Skuja, 1954
Clase: Glaucophyceae
Bohlin, 1901
Orde: Glaucocystales
Bessey, 1907
Familia: Glaucocystaceae
G. S. West, 1904
Posibles xéneros
  • Glaucocystis
  • Cyanophora
  • Gloeochaete

As glaucófitas ou Glaucophyta (tamén chamadas glaucocistófitas, glaucocístidas ou, como clase única, glaucofíceas), son un pequeno grupo de algas microscópicas de auga doce. [1] Están incluídas nas modernas clasificacións no grupo Archaeplastida, xunto coas algas vermellas (Rhodophyta), algas verdes e plantas terrestres (Viridiplantae ou Chloroplastida). Porén, as relacións entre as algas vermellas, algas verdes e glaucófitas non están claras, [2] en gran parte debido ao limitado estudo que se ten feito das glaucófitas.

As glaucófitas interesan moito aos biólogos que estudan o desenvolvemento dos cloroplastos, porque algúns estudos suxiren que poden ser similares ao tipo de alga orixinal que evolucionaría orixinando as plantas verdes e as algas vermellas. [1][3]

Características[editar | editar a fonte]

Os cloroplastos das glaucófitas coñécense co nome de cianelas. A diferenza dos plastos doutros organismos, teñen unha capa de peptidoglicano, que se cre é un resto das cianobacterias que deron orixe aos plastos por endosimbiose. [1] As Glaucophyta conteñen o pigmento fotosintético clorofila a.[1] Xunto coas algas vermellas [1] e as cianobacterias, captan a luz por medio de ficobilisomas, estruturas que constan principalmente de ficobiliproteínas. As algas verdes e as plantas terrestres carecen dese pigmento.

As glaucófitas teñen mitocondrias con cristas planas, e presentan mitose aberta sen centríolos. As formas móbiles teñen dous flaxelos desiguais, que poden ter finos peliños e están ancorados nun sistema de múltiples capas de microtúbulos, e ambas as estruturas son similares a outras atopadas nalgunhas algas verdes.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Só se coñecen 13 especies de glaucófitas, clasificadas en só tres xéneros, e ningunha delas é especialmente abundante na natureza.[1] Os tres xéneros son:

  • Glaucocystis é inmóbil, aínda que retén un flaxelo moi curto vestixial, e ten parede celulósica.
  • Cyanophora é móbil e carece de parede celular.
  • Gloeochaete presenta tanto estadios móbiles coma inmóbiles, e ten unha parede celular que non parece estar formada por celulosa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]