Giuseppe Pasotto
Giuseppe Pasotto | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 6 de xullo de 1954 en Bovolone, Italia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 12 de maio de 1979, por Lucas Moreira Neves |
Consagración episcopal | 6 de xaneiro de 2000 de Xoán Paulo II |
Administrador apostólico do Cáucaso Bispo titular de Musti | |
1996 - actualidade | |
Predecesor | Jean-Paul Aimé Gobel |
Outros | |
Ut unum sint | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Giuseppe Pasotto, nado en Bovolone (Italia) o 6 de xullo de 1954,[1] é un relixioso estigmatino italiano, dende 1996 administrador apostólico do Cáucaso.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda mozo entrou no seminario dos estigmatinos e foi ordenado sacerdote o 12 de maio de 1979 polo cardeal Lucas Moreira Neves.[1]
En 1993 marchou a Xeorxia, logo dunha petición á súa congregación pola Santa Sé para estabelecer unha presenza católica de rito latino no país (posible pola disolución da URSS).
En 1996 foi nomeado administrador apostólico do Cáucaso, exercendo a función de bispo para os católicos latinos de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán.[1] O 8 de novembro de 1999 acolleu ao papa Xoán Paulo II en visita oficial a Xeorxia e ao encontro co presidente Eduard Shevardnadze.
Foi nomeado bispo titular Musti por Xoán Paulo II, recibido a consagración episcopal de mans do mesmo papa o 6 de xaneiro de 2000, na basílica de San Pedro.[1] O 11 de outubro do mesmo ano a administración apostólica deixou de ter xurisdición sobre Acerbaixán, pasando este país a constituír unha misión sui iuris. En 2005, Giuseppe Pasotto organizou o primeiro sínodo diocesano da administración. O 30 de setembro de 2016 acolleu ao papa Francisco en visita oficial a Xeorxia e ao presidente Giorgi Margvelashvili.[2]
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
En decembro de 2015 foi nomeado cidadán honorario do concello de Bovolone.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario Pontificio per l'anno 2009. p. 955.
- ↑ "Papa in Georgia, l’ha accolto il vescovo Pasotto". L'Arena (en italiano). 4 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ Massagrande, Roberto (9 de decembro de 2015). "Cittadinanza onoraria a monsignor Pasotto". L'Arena (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jean-Paul Aimé Gobel |
Administrador apostólico do Cáucaso dende 1996 |
Sucesor: (no cargo)
|