Giuseppe Di Stefano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Di Stefano
Giuseppe di Stefano - 1983.jpg
Nacemento 24 de xullo de 1921
Lugar Motta Sant'Anastasia
Falecemento 3 de marzo de 2008
Lugar Santa Maria Hoè
Nacionalidade Italia
Ocupación cantor de ópera e cantante
editar datos en Wikidata ]

Giuseppe Di Stefano, nado en Motta Sant'Anastasia (Sicilia) o 24 de xullo de 1921 e finado en Santa Maria Hoè o 3 de marzo de 2008, foi un tenor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo único dun zapateiro e dunha modista, foi educado nun seminario Xesuíta e pensou ordenarse sacerdote. Desenvolveu a súa carreira desde finais da década de 1940 ata principios da década de 1970. En 1946 debutou operisticamente na cidade de Reggio Emilia interpretando o papel de Des Grieux na ópera Manon de Massenet, papel co que debutaría o ano seguinte na Scala.

O seu encontro artístico co barítono Tito Gobbi e a soprano Maria Callas foi un dos máis famosos da historia. Ídolo de Pavarotti, é coñecido popularmente como Pippo.

Gravacións con Maria Callas[editar | editar a fonte]

A pesar de que a súa carreira foi relativamente curta, Di Stefano acompañou a Maria Callas nalgunha das súas gravacións máis famosas, todas elas baixo o selo de EMI. Xuntos gravaron as seguintes óperas completas:

Outras gravacións[editar | editar a fonte]

A agresión na praia de Diani[editar | editar a fonte]

En decembro de 2004 en Diani (Kenya) foi agredido brutalmente por uns descoñecidos e houbo de ser sometido a varias operacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]