Giulianova
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión | Abruzzo | ||||
| Provincias | Provincia de Teramo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 23.369 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 28 km² | ||||
| Bañado por | Salinello (en) | ||||
| Altitude | 68 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Flaviano de Constantinopla (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 64021 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 085 | ||||
| Identificador ISTAT | 067025 | ||||
| Código catastral italiano | E058 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | comune.giulianova.te.it | ||||
Giulianova é unha vila costeira e comuna italiana de 23.256 habitantes, na provincia de Teramo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vila esténdese no norte da rexión de Abruzos, entre os ríos Salinello e Tordino. Giulianova concíbese como a escisión entre a Paese, a vila histórica no alto dos outeiros, e o lido, a máis recente desenvolvida abaixo, na praia.
O turismo xoga un gran papel en Giulianova. A vila, caracterizada por ter varias praias, convértese no verán en refuxio de cidadáns de grandes cidades como Roma ou Milán, así como de turistas alemáns e franceses.
Historia
[editar | editar a fonte]En tempos pre-romanos, a tribo dos Praetutii tiñan un asentamento chamado Castrum Novum nas proximidades de Giulianova. Na Idade Media a poboación de Castrum Novum, daquela chamado Castrum divi Flaviani, foi trasladada á nova vila de Giulia, situada nos outeiros, fundada polo nobre local Giulio Antonio Acquaviva.
