Atri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atri é unha comuna da provincia de Teramo, na rexión dos Abruzos, Italia. Cobre 91 km² e ten unha poboación de 11.260 habitantes, a altura media é de 451 metros, situada preto do Mar Adriático. Colonia romana, co nome de Hatria, xa antes fora unha importante cidade grega, entre os seus monumentos destaca a catedral románico-gótica, construída entre o século XIII e o XIV.