Git
Git | |
---|---|
Desenvolvedor | Junio Hamano e outros[1] |
Última versión | 2.11.0[1] |
Postas en funcionamento | 7 de abril de 2005 |
Sistema operativo | POSIX: Linux, Windows, macOS |
Licenza | GNU GPL v2[2] e GNU LGPL v2.1[3] |
Web | git-scm |
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas.
Emprégase máis para o desenvolvemento de software,[4] pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido,[5] manter a integridade dos datos,[6] e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais[7].
Git creouno Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do kernel de Linux, e coa axuda no inicio doutros desenvolvedores do kernel[8]. O actual administrador de git é Junio Hamano.
Como todos os sistemas de control de versións distribuídos, e ao contrario dos sistemas cliente-servidor, cada cartafol de git de cada nó[9] é un repositorio co historial ao completo, cheo de capacidades de trazado de versións e independente do acceso a unha rede ou un servidor central[10].
Ao igual que o kernel de Linux, Git é software libre. Distribúese baixo os termos da GNU General Public License versión 2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Gráfico de commits". Github. 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Git's GPL license at github.com". github.com. 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 October 2014.
- ↑ "Licenza LGPL de Git en github.com". github.com. 20 de maio de 2011. Consultado o 6 de xaneiro de 2016.
- ↑ Scopatz, Anthony; Huff, Kathryn D. (2015). Effective Computation in Physics. O'Reilly Media, Inc. p. 351. ISBN 9781491901595. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ Torvalds, Linus (7 de abril de 2005). "Re: Kernel SCM saga..". "Así que estou a escribir scripts para seguir os cambios das cousas moito máis rápido."
- ↑ Torvalds, Linus (10 de xuño de 2007). "Re: fatal: serious inflate inconsistency".
- ↑ Linus Torvalds (3 de maio de 2007). "Relatorio de Google tech: Linus Torvalds sobre git". Escena en 02:30. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ "A Short History of Git". Pro Git (2nd ed.). Apress. 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ Cada un dos puntos, ou réplicas, dun mesmo proxecto xestionado co sistema de control de versións. Isto é, a "copia" local sobre da que traballa unha persoa soa e fai cambios ao seu gusto.
- ↑ Chacon, Scott (24 de decembro de 2014). Pro Git (2nd ed.). Nova York, NY: Apress. pp. 29–30. ISBN 978-1-4842-0077-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |