O equipo xogou 21 tempadas na Segunda División. O seu último ascenso foi na tempada 2007/08, cando subiu á categoría 49 anos despois do seu último descenso. Os seus maiores logros en Segunda foron proclamarse campión do grupo II en 1936, aínda que non conseguiu o ascenso na promoción, e o segundo posto na tempada 2016-17 que lles permitiu ascender a Primeira División por primeira vez na súa historia.
O Xirona xoga os seus partidos como local no Estadi Municipal de Montilivi, con capacidade para 7.500 espectadores. Esta cifra aumentarase a 9.500 persoas coa reconstrución ao lado leste do estadio.