Giovanni Ballico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ballico
Información persoal
Nome Giovanni Ballico
Nacemento 28 de novembro de 1924
Lugar de nacemento Lonigo
Falecemento 12 de marzo de 2023
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1942–1946 Schio
1946–1947 SPAL 8 (0)
1947–1954 Sampdoria 160 (0)
1954–1958 Palermo 86 (1)
Selección nacional
1951 Italia sub-21 1 (0)
Adestrador
Schio
1961–1962 Entella
1962–1963 Palermo
Schio
1970–1971 Rovereto
1976–1977 SPAL
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Giovanni Ballico, nado en Lonigo, Vicenza, o 28 de novembro de 1924, é un exfutbolista e exadestrador italiano, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no Schio, co que debutou na Serie C en 1942. Ao remate da primeira tempada trala segunda guerra mundial, pasou a xogar no SPAL, da Serie B.[1] Con todo, unha serie de lesións impedíronlle disputar máis de 8 partidos.

En 1947 fichou pola Sampdoria, coa que debutou na Serie A o 14 de setembro de 1947. Militou durante sete tempadas no club xenovés, xogando 160 partidos de liga. En 1954, fichou polo Palermo, co que xogou durante catro tempadas antes da súa retirada, participando no ascenso do equipo á Serie A na 1955/56.[1]

Disputou un total de 172 partidos na Serie A e 82 na Serie B.

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección italiana xuvenil nunha ocasión, o 11 de novembro de 1951, nun partido contra Exipto.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada como futbolista iniciou unha carreira como adestrador, comezando nos bancos do Schio e o Entella. En 1962 debutou na Serie A, á fronte do Palermo,[2] e en 1976 substituíu a Guido Capello á fronte do Palermo, sendo pouco despois el mesmo substituído por Ottavio Bugatti. Ademais actuou como director deportivo de varios equipos, como o Lanerossi Vicenza ou o Pescara.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "BALLICO. Il calcio ha i suoi fondamentali". resentera.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  2. Terzo, Matteo (28 de abril de 2016). "Ballico, tanta grinta e un gol (al Catania)" (en italiano). Consultado o 9 de maio de 2022.