Gilles Simeoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gilles Simeoni
Gilles Simeoni.jpg
Nacemento20 de abril de 1967
 Bastia
NacionalidadeFrancia
Educado enUniversidade de Córsega Pasquale Paoli
Ocupaciónxurista, político e avogado
PaiEdmond Simeoni
editar datos en Wikidata ]

Gilles Simeoni, nado en Bastia o 20 de abril de 1967, é un avogado e político corso, membro do partido autonomista corso Inseme per a Corsica. Foi alcalde de Bastia dende o 5 de abril de 2014 até o 7 de xaneiro de 2016, e presidente do Consello executivo da Córsega dende o 17 de decembro de 2015. Ademais, el foi o avogado do nacionalista corso Yvan Colonna, condenado polo asasinato de Claude Érignac.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o fillo de Edmond Simeoni e o neto do ex-deputado europeo Max Simeoni. A súa nai Lucie é corsa de adopción, de orixe xudía alsaciana[1] e polaca.[2]

É titular dunha mestría en dereito e dun doutoramento de ciencias políticas baixo o tema «a política mediterránea da Unión europea»[3] obtido ó final dos seus estudos na Universidade de Córsega Pasquale Paoli e en Aix-en-Provence.

Ten tres fillos[4] e describiuse como crente non practicante.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaël Tchakaloff, « Portrait d'Edmond Simeoni », Le Nouvel Économiste, 24 de outubro de 2003
  2. 2,0 2,1 « L’aboutissement d’un parcours personnel et politique atypique pour Gilles Simeoni », Corse Matin, 31 mars 2014
  3. "Municipales 2014, second tour - Gilles Simeoni, premier maire nationaliste de Bastia". Le Point (en francés). 30 de marzo de 2014. Consultado o 17 de maio de 2015. 
  4. « Gilles Simeoni, premier maire nationaliste de Bastia », Grégoire Bézie, France 3 Corse ViaStella, 6 avril 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]