Femu a Corsica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Femu a Corsica
Coalición política de Córsega
Dirixentes e organización
LíderJean Biancucci (presidente do grupo parlamentario)
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
FundaciónXaneiro de 2010
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Autonomismo
Representación
Asemblea de Córsega
16 / 51
Asemblea Nacional de Francia (Escanos corsos)
3 / 4
Outros datos
Páxina webwww.femuacorsica.com

Femu a Corsica (Galego: Fagamos Córsega) é unha coalición política nacionalista corso e autonomista creada en 2010.

Partidos membros[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Creación de Femu a Corsica[editar | editar a fonte]

En novembro de 2009 Inseme per a Corsica fixo unha chamada á forza políticas corsas para formar unha coalición nacionalista nas eleccións territoriais de 2010.[1]

En xaneiro de 2010 chegouse finalmente a un acordo entre tres partidos políticos: Partitu di a Nazione Corsa, Inseme per a Corsica e A Chjama Naziunale. A coalición estaba aberta á incorporación de I Verdi Corsi e Via Prugressista, non incorporándose ningún destes dous partidos finalmente á coalición por desacordos coa lista.[2]

Eleccións de 2010[editar | editar a fonte]

O nacionalismo corso presentouse en dúas listas a estas eleccións. Por un lado, a lista autonomista Femu a Corsica (liderada polo binomio Jean-Christophe Angelini e Gilles Simeoni) e por outro lado a lista independentista de Corsica Libera (liderada por Jean-Guy Talamoni).

Os resultados do sobiranismo na primeira volta foron sorprendentes. A lista liderada por Gilles Simeoni, Femu a Corsica, foi a segunda forza co 18'4% dos votos. Mentres tanto a lsita liderada por Jean-Guy Talamoni, Corsica Libera, foi a quinta máis votada co 9'36% do voto. Ambas candidaturas pasaron á segunda volta.[3] Femu a Corsica obtivo o 25'89% do voto e 11 deputados na segunda volta.

Referencias[editar | editar a fonte]