Gianfranco Bedin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bedin
Información persoal
Nome Gianfranco Bedin
Nacemento 24 de xullo de 1945
Lugar de nacemento San Donà di Piave
Altura 175 centímetros
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
Inter de Milán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1964–1974 Inter de Milán 225 (20)
1974–1978 Sampdoria 112 (6)
1978–1979 Varese 21 (0)
1979–1980 Livorno 27 (2)
1980–1981 Rondinella 19 (2)
Selección nacional
1966–1972 Italia 6 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Gianfranco Bedin, nado en San Donà di Piave, Venecia, o 24 de xullo de 1945, é un exfutbolista italiano que xogaba como centrocampista. É lembrado principalmente pola súa pertenza ao Grande Inter de Helenio Herrera, o equipo do Inter de Milán que gañou numerosos títulos na década de 1960. Militou durante unha década no club, co que gañou tres ligas italianas, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección italiana.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Inter de Milán e debutou co primeiro equipo en 1964, da man do adestrador Helenio Herrera. Militou no club lombardo ata 1974, disputando un total de 310 partidos e marcando 23 goles. Gañou tres títulos da Serie A, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi titular en dúas finais da Copa de Europa, a gañada en 1965 ante o Benfica e a perdida en 1967 contra o Celtic de Glasgow.[3] Tras deixar o Inter, xogou catro anos na Sampdoria e a continuación pasou polo Varese, o Livorno e o Rondinella antes de retirarse en 1981.[1][2][4]

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Foi 6 veces internacional coa selección de Italia entre 1966 e 1972.[5][6][7]

Estilo de xogo[editar | editar a fonte]

Especialista en roubos de balón, destacaba tamén pola súa anticipación, resistencia, ritmo, marcaxe dos rivais e pola súa habilidade para ler o xogo como mediocentro defensivo ou todocampista, o que lle permitía apoiar de xeito defensivo aos seus compañeiros máis creativos e ofensivos. Xogador moderno e bidireccional, tamén era capaz de iniciar xogadas de ataque e de alcanzar boas posicións ofensivas tras recuperar a posesión.[1][2][8]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Inter de Milán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Vernazza, Sebastiano (6 de agosto de 2009). "Bedin, vita da mediano "Quando marcavo Pelé e Rivera"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Gianfranco Bedin: l’orgoglio del mediano" (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  4. "Gianfranco Bedin". national-football-teams.com (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022. 
  5. "Convocazioni e presenze in campo". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022. 
  6. "Italy - International Matches 1960-1969". rsssf.com (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2022. 
  7. "Italy - International Matches 1970-1979". rsssf.com (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2022. 
  8. Nassetti, Filippo (31 de marzo de 2016). ""Bagni: "I miei 5 mediani scudettati per 50 anni di Inter"". Consultado o 30 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]