Giambattista Basile
Giambattista Basile | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1566 |
Giugliano in Campania | |
Falecemento | 23 de febreiro de 1632 |
Giugliano in Campania | |
Nacionalidade | República de Venecia |
Ocupación | escritor, poeta, escritor de literatura infantil e político |
Coñecido/a por | Pentamerone |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Giambattista Basile, nado en 1566 ou 1575 e finado en 1632, foi un escritor napolitano en lingua italiana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo da clase media napolitana. Serviu como militar para varios príncipes italianos, entre eles o dogo veneciano. Foi na súa estadía veneciana cando comezou a escribir poesía. De volta a Nápoles estivo baixo a protección de Caracciolo d'Avellino.
É coñecido por escribir unha colección de contos, Lo cunto de li cunti overo lo trattenemiento de peccerille, que publicou postumamente a súa irmá en dous volumes en 1634 e 1636. Está construída segundo o modelo do Decamerón de Boccaccio, polo que é coñecida como o Pentamerone dende 1674. Nestes contos Basile recolleu e adoptou os contos escoitados nas súas viaxes entre Creta e Venecia. Moitos deles, posteriormente, foron adaptados por Charles Perrault e os irmáns Grimm, entre eles Cinsenta, Rapunzel, O gato con botas, A bela durminte ou Hansel e Gretel.
|