Germán Rañó Pérez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Germán Rañó Pérez | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1912 |
Lugar de nacemento | Rianxo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | emprendedor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Germán Rañó Pérez, nado en Rianxo o 7 de decembro de 1912, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Benito Rañó Alcalde, que fora redactor de El Barbero Municipal. Na Segunda República foi detido en 1932 por desacato ao alcalde de Rianxo. Logo marchou a Rosario co seu pai. Regresou da emigración arxentina para incorporarse ao exército republicano. Coa derrota da República, paso a Francia onde foi internado no campo de concentración de Saint Cyprien. Exiliouse en México en 1939. Casou en 1952 con Elma Seedorf e fixo unha pequena fortuna dedicandose aos negocios. En 1954 reinicou a relación con Rafael Dieste. Foi directivo do Patronato de Cultura Gallega de México. Retornou a Galicia nos anos setenta, residindo en Santiago de Compostela.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 8-9-1973, p. 20.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Axeitos, Xosé Luís (2003). "Xermán Rañó, un emigrante no exilio". Boletín Galego de Literatura (29): 137.
- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. p. 347.