Gerardo Mariñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1918 A Coruña, España |
Morte | 24 de agosto de 2003 (84 anos) A Coruña, España |
Q129925137 | |
12 de setembro de 1980 – valor descoñecido ← Luis Polanco Mejorada (en) – valor descoñecido → | |
2º Q129811415 | |
4 de agosto de 1979 – 1980 ← José Bourgón López-Dóriga (en) – valor descoñecido → | |
Director of the General Military Academy (en) | |
26 de decembro de 1978 – 1979 ← valor descoñecido – valor descoñecido → | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Lealdade | España |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | tenente xeneral (1982–) |
Premios | |
|
Gerardo Mariñas Romero, nado na Coruña o 2 de outubro de 1918 e finado na mesma cidade o 24 de agosto de 2003,[1] foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, un militar natural de Betanzos, faleceu aos poucos días de nacer el, e de neno marchou a vivir a Madrid a un colexio de orfos. Alistado no exército, fixo a Guerra Civil española co bando nacional. A partir de 1941 destínano a Tetuán, en África, co grao de tenente, e en 1949 regresa a Europa co grao de comandante, primeiro a Barcelona, logo a Gasteiz e finalmente ao estado maior do Exército en Madrid. Volveu como coronel da Lexión Española ao Sáhara en 1970, e en 1975 destinárono ao mando da Brigada de Infantaría Aerotransportable que daquela tiña a súa sede na Coruña.
Xa en 1978 foi nomeado director da Academia General Militar de Zaragoza. O ano seguinte, 1979, recibiu primeiro o encargo de gobernador militar da Coruña, e semanas despois o de dirixir a espionaxe española no CESID, labor que mantivo durante dous anos. Posteriormente (1981) pasou ao posto de comandante xeneral de Ceuta, onde acababa de chegar cando se produciu o golpe de estado do 23F, e finalmente foi ascendido ao grao de tenente xeneral ata a súa retirada en 1984.
Despois da xubilación regresou á Coruña, onde tiña a familia, e dedicouse a actividades sociais, como a de ser presidente da Real Sociedad Deportiva Hípica.
Obra
[editar | editar a fonte]Escribiu dous libros de memorias sobre a súa experiencia africana:
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era irmán do xornalista Enrique Mariñas e tío, xa que logo, do tamén xornalista Luís Mariñas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 25-8-2003, p. 12.