Gerardo Mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerardo Mariñas
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 2003 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gerardo Mariñas Romero, nado na Coruña o 2 de outubro de 1918 e finado na mesma cidade o 24 de agosto de 2003,[1] foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, un militar natural de Betanzos, faleceu aos poucos días de nacer el, e de neno marchou a vivir a Madrid a un colexio de orfos. Alistado no exército, fixo a Guerra Civil española co bando nacional. A partir de 1941 destínano a Tetuán, en África, co grao de tenente, e en 1949 regresa a Europa co grao de comandante, primeiro a Barcelona, logo a Gasteiz e finalmente ao estado maior do Exército en Madrid. Volveu como coronel da Lexión Española ao Sáhara en 1970, e en 1975 destinárono ao mando da Brigada de Infantaría Aerotransportable que daquela tiña a súa sede na Coruña.

Xa en 1978 foi nomeado director da Academia General Militar de Zaragoza. O ano seguinte, 1979, recibiu primeiro o encargo de gobernador militar da Coruña, e semanas despois o de dirixir a espionaxe española no CESID, labor que mantivo durante dous anos. Posteriormente (1981) pasou ao posto de comandante xeneral de Ceuta, onde acababa de chegar cando se produciu o golpe de estado do 23F, e finalmente foi ascendido ao grao de tenente xeneral ata a súa retirada en 1984.

Despois da xubilación regresou á Coruña, onde tiña a familia, e dedicouse a actividades sociais, como a de ser presidente da Real Sociedad Deportiva Hípica.

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu dous libros de memorias sobre a súa experiencia africana:

  • Recuerdos del Sáhara (1986)
  • El Sáhara y La Legión (1988).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán do xornalista Enrique Mariñas e tío, xa que logo, do tamén xornalista Luís Mariñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-8-2003, p. 12.