Enrique Mariñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Madrid, España |
Morte | 16 de xuño de 1979 (66/67 anos) |
Actividade | |
Ocupación | locutor de radio |
Enrique Mariñas Romero, nado en Madrid en 1912 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1979, foi un locutor de radio galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Madrid, a familia instalouse na Coruña cando el tiña seis meses, e alí naceron os seus irmáns. Aos vinte e un anos licenciouse en dereito[1] pola Universidade de Santiago de Compostela.[2]
Traballou como locutor en Radio Coruña desde a súa fundación en 1934, mais ese mesmo ano foi nomeado director de Radio Nacional de España na Coruña, cargo que mantivo ata o seu pasamento. Destacou especialmente nas retransmisións de fútbol, traballando durante trinta anos canda Matías Prats.[1]
Os alcaldes Alfonso Molina e Sergio Peñamaría de Llano nomeárono concelleiro.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mª Carmen Lage, coa que tivo sete fillos, entre eles os xornalistas Enrique (falecido nun accidente de coche en 1973), Jorge[3] e Luis Mariñas.[2]
1997ñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a medalla de prata ao mérito deportivo, as cruces do mérito militar e naval e a medalla de prata ao mérito no traballo.[1] Foi galardoado con tres premios Ondas.[4]
En 1997 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa no barrio de Matogrande.
Obras
[editar | editar a fonte]- La jugada final, recompilación de artigos[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Ficha en Galegos
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Bugallal, Isabel. "Mariñas, aquel fútbol de la radio". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 23-08-2024.
- ↑ Adiós a Jorge Mariñas, un pionero de los espacios deportivos de TVG
- ↑ "Enrique Mariñas". Radiochips (en castelán). 25-05-2020. Consultado o 23-08-2024.
- ↑ "La jugada final", libro de Enrique Mariñas