Georges de la Falaise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georges de la Falaise
Le capitaine comte Georges de la Falaise, au sabre en 1900.jpg
Nome completoLouis Venant Gabriel Le Bailly de la Falaise
Nacemento24 de marzo de 1866
Lugar de nacementoLuçon
Falecemento8 de abril de 1910 e 1910
Lugar de falecemento16.º arrondissement de Paris
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Militar Especial de Saint-Cyr
Ocupaciónesgrimista e oficial
PaiGabriel de la Falaise de la Coudraye
NaiAugustine Marie Armande de Maynard de la Claye
CónxuxeHenriette-Lucie Hennessy
FillosHenry de La Falaise, Alain de la Falaise, Comte de la Falaise, Louise de la Falaise e Richard de la Falaise, Comte de la Falaise
Na rede
Olympic.org: georges-de-la-falaise WikiTree: Le_Bailly_de_la_Falaise-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Louis Venant Gabriel Le Bailly de la Falaise coñecido como Georges de la Falaise[1], nado en Luçon o 24 de marzo de 1866 e finado en París o 8 de abril de 1910[2], foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica e dúas máis nos coñecidos como Xogos Intercalados (non recoñecidas hoxe polo COI).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou noa Xogos Olímpicos de 1900 de París, onde logrou a medalla de ouro de sabre individual ao vencer ao tamén francés Henri Masson. Nos Xogos Intercalados de 1906 logrou dous ouros, un en sabre individual e outro no de equipos. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 1908, chegando á final, foi cuarto en sabre por equipos e sétimo en individual.

Foi Campión de espada francés en 1899 e 1903 e de sabre en 1900, 1906, 1908 e 1909.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Palmarès dos Campionatos de Francia de Esgrima na web da Federación Francesa de Esgrima". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  2. "sports-reference.com". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 14 de agosto de 2013.