George Abbey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
George Abbey
George Abbey.gif
Nacemento21 de agosto de 1932
 Seattle
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterAir Force Institute of Technology e Academia Naval dos Estados Unidos
Ocupaciónenxeñeiro e aviador
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

George William Samuel Abbey, nado o 21 de agosto de 1932, é un enxeñeiro estadounidense que foi xefe de operacións dos transbordadores espaciais e da selección de astronautas no período entre 1976 e 2003.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

George Abbey naceu en Seattle (Washington) o 21 de agosto de 1932. Graduouse na Academia Naval dos Estados Unidos en 1954 e serviu na Forza Aérea, acumulando 4000 horas de voo. Acadou un máster en enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1959 e comezou a traballar para a NASA en 1964 como capitán da Forza Aérea asignado ó programa Apolo. Deixou a Forza Aérea en decembro de 1967, sendo nomeado axudante técnico do director da NASA en Houston. Recibiu a Medalla da Liberdade polo seu traballo durante o incidente do Apollo 13 e en xaneiro de 1976 foi nomeado director de operacións de voo. En 1983 foi nomeado director de operacións da tripulación de voo. En marzo de 1988 pasou a ser Administrador Asociado de Voos Espaciais e en xullo de 1990 foi seleccionado como axudante de operacións. Trala elección de Daniel Goldin como administrador da NASA en 1992, Abbey foi elixido como Asistente Especial do Administrador e en 1994 foi enviado a Houston como Subdirector para pasar a ser nomeado Director en 1996. En febreiro de 2001 foi nomeado Asistente Senior para Asuntos Internacionais. Retirouse o 3 de xaneiro de 2003.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Abbey" (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]