Genaro Moreda Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Morte | 1 de xullo de 1935 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, xornalista, político |
Genaro Moreda Martínez, finado na Coruña o 1 de xullo de 1935[1], foi un farmacéutico, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Farmacéutico de Fene. Secretario da Delegación da Sociedad de naturales de Fene da Habana. Foi un dos fundadores da Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume da que foi presidente en 1913 e secretario en 1915. Presentouse como candidato agrario ás eleccións municipais de 1913 e foi elixido, aínda que non tomou posesión ata 1915 pola presentación de recursos xudiciais por parte das forzas conservadoras. Dirixiu os periódicos Fene Solidario e Cultura Campesina. Estaba asociado á Irmandade da Fala da Coruña desde os seus inicios. O 17 de febreiro de 1917 causoulle a morte ao mestre Agustín de Burgos Redondo, o autor dun apropósito carnavalesco no que se ridiculizaba a súa figura. Xulgado e condenado por homicidio[2], despois da súa estancia no cárcere trasladouse á Coruña onde rexentou a farmacia da rúa Castiñeiras de Abaixo dende 1922 ata o seu falecemento en 1935. De 1930 e 1935 ocupou os cargos de secretario e tesoureiro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Andrea Ríos Veiga e foi pai de Emilio Moreda Ríos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2-7-1935, p. 5 e 7.
- ↑ Foi defendido por Casares Quiroga e o xuíz aplicou como atenuante o carácter mortificante da obra que se ía representar e foi absolto. "Moreda absuelto" en Vida Gallega, 10-5-1919, p. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sanfiz, Henrique (1999). "Apuntes verbo da federación agrícola Ferrol-Pontedeume. O agrarismo na comarca" (PDF). Cátedra (6): 33–38. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2014.