Fene Solidario
Fene Solidario | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Fene Solidario foi un periódico editado en Fene entre 1911 e 1912.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 2 de xullo de 1911 para substituír a La Voz de Fene. Periódico quincenal voceiro da sociedade agraria La Necesaria de Fene vencellada á Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume. Estaba dirixido por Genaro Moreda Martínez e entre os seus colaboradores figurou Manuel Montero Corbeira. Reproduciu conferencias pronunciadas en Fene polo mestre Juan García Niebla e artigos de Rodrigo Sanz. Afín a Solidaridad Gallega, recolleu en galego as máximas do catecismo solidario e denuncias anticaciquís. Cesou co número 32, en outubro de 1912.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Duen de Bux, ed. Prensa agraria en Galicia. Ourense. pp. 171–172. ISBN 84-932078-3-7.
- Sanfiz, Henrique (1999). "Apuntes verbo da federación agrícola Ferrol-Pontedeume. O agrarismo na comarca" (PDF). Cátedra (6): 33–38. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2014.