Gemella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gemella
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Xénero: Gemella
Berger 1960
Especies[1]

G. bergeri
G. cuniculi
G. haemolysans
G. morbillorum
G. palaticanis
G. sanguinis

Gemella é un xénero de bacterias grampositivas que vive mellor con presións parciais altas de CO2.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son bacterias anaerobias facultativas e dan negativo nas probas da oxidase e catalase. Son obrigadamente fermentadoras, e producen unha mestura de ácido acético e ácido láctico ou unha mestura de ácido acético e CO2. Por exemplo, G. haemolysans fermenta a glicosa formando unha mestura de ácido acético e láctico en ausencia de oxíxeno, pero en presenza de oxíxeno produce ácido acético e CO2.[2]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

As bacterias do xénero Gemella encóntranse principalmente nas membranas mucosas humanas e doutros animais, especialmente na cavidade oral e tracto dixestivo superior. A especie Gemella haemolysans está implicada en exacerbacións pulmonares en pacientes con fibrose quística.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Euzéby, J. P. "List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 2008-12-16. 
  2. Stackebrandt, E., B. Wittek, E. Seewaldt, and K. H. Schleifer (1982). "Physiological, biochemical and phylogenetic studies on Gemella haemolysans". FEMS Microbiology Letters 13 (4): 361–365. doi:10.1111/j.1574-6968.1982.tb08288.x.