Gedo Senki
| Gedo Senki | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Inspirado na obra de
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Custo
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Gedo Senki (ゲド戦記?) é un filme xaponés de 2006 dirixido por Gorō Miyazaki, animado por Studio Ghibli para Nippon Television Network, Dentsu, Hakuhodo DY Media Partners, Buena Vista Home Entertainment, Mitsubishi e Toho, sendo distribuído para este último. O filme baséase nunha combinación de argumento e personaxes dos primeiros catro libros da serie Earthsea de Ursula K. Le Guin (A Wizard of Earthsea, The Tombs of Atuan, The Farthest Shore e Tehanu), así como no manga The Journey of Shuna de Hayao Miyazaki. O título do filme provén dunha colección de historias curtas, Tales from Earthsea, feita en 2001. O argumento foi "completamente diferente" segundo a autora Ursula K. Le Guin, que lle dixo a Gorō Miyazaki, "Non é o meu libro. É o teu filme. É un bo filme", aínda que máis tarde expresou a súa desilusión co resultado final.[1] Unha adptación en banda deseñada foi publicada no Xapón.[2]
Produción
[editar | editar a fonte]Este filme de Studio Ghibli é a primeira adaptación anime de calquera parte da serie Earthsea. No pasado, moitos directores, incluíndo Hayao Miyazaki,[3] tentaron adaptar o ciclo Earthsea ó cinema, pero non foron aprobados pola propia autora.[4] Cando Le Guin escoitou por primeira vez o interese de Miyazaki en adaptar a súa obra, non coñecía os seus filmes e asociaba a animación coa obra de Disney; sendo así, rexeitou a súa solicitude.[1]
En 2003, despois de gañar o Oscar ó mellor filme de animación por A viaxe de Chihiro, Hayao Miyazaki recibiu a aprobación de Le Guin mais Miyazaki estaba ocupado dirixindo Hauru no Ugoku Shiro. Studio Ghibli deixou que Toshio Suzuki decidise que fose o fillo de Hayao, Gorō Miyazaki, quen dirixise o filme, sendo o seu primeiro traballo como director. Hayao non se sentiu satisfeito coa decisión, xa que cría que Gorō carecía da experiencia necesaria. Ó parecer non falaron entre eles durante a produción do filme. Porén, Hayao recoñeceu máis tarde o traballo do seu fillo no seu primeiro adianto.[5] Algúns estudosos coidan que unha parte importante da trama foi adaptada da obra do seu pai, a novela gráfica Shuna no Tabi, con moitas referencias directas. Le Guin, que se convertera nunha adepta do traballo de Hayao Miyazaki logo do seu primeiro encontro e desexaba que fose el quen dirixise o filme, tamén quedou decepcionada pola escolla de Gorō como director, mais Studio Ghibli díxolle que Hayao supervisaría a produción.[1]
Música
[editar | editar a fonte]A banda sonora de Gedo Senki foi composta e dirixida por Tamiya Terashima e foi estreada por Tokuma Japan Communications e Studio Ghibli Records como un híbrido multicanal SACD-CD o 12 de xullo de 2006. Carlos Núñez foi un colaborador clave na banda sonora, contribuíndo coa súa ocarina, tin whistle e gaita galega en 11 das 21 pistas. A cantante Aoi Teshima canta en dúas das cancións. Un álbum máis, "Melodies from Gedo Senki", foi estreado o 17 de xaneiro de 2007, incluíndo novo material da banda sonora e temas inéditos de Núñez.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ursula K. Le Guin. UrsulaKLeguin.com, ed. "Gedo Senki, a First Response". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2006.
- ↑ Team Ghiblink (7 de agosto de 2014). "Tales from Earthsea (books)". Nausicaa.net. Consultado o 8 de xuño de 2017.
- ↑ "Article about the anime by Shuffle Alliance, a Taiwan anime club". Consultado o 18 de xuño de 2006.
- ↑ Sankei Sports (14 de decembro de 2005). "ジブリ新作は「ゲド戦記」!宮崎駿氏の長男・吾朗氏が初監督 (The Next Film from Ghibli is "Ged's War Chronicles": Son of Hayao Miyazaki, Gorō to Direct for the First Time)" (en xaponés). goo Anime. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 8 de outubro de 2006.
- ↑ See Nausicaa.net Goro Miyazaki's Blog.
- ↑ Ghibliworld, MEMORIES FROM GEDO SENKI WITH CARLOS NUNEZ Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 19 de decembro de 2006
- ↑ (en xaponés) Studio Ghibli, カルロス・ヌニェスのニューアルバムの発売決定! Arquivado 30 de decembro de 2016 en Wayback Machine., 11 de decembro de 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gedo Senki na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)