Saltar ao contido

Gaston Bonnier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gaston Eugène Marie Bonnier»)
Modelo:BiografíaGaston Bonnier

(1921) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Gaston Eugène Marie Bonnier Editar o valor en Wikidata
9 de abril de 1853 Editar o valor en Wikidata
former 11th arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1922 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, entomólogo, profesor universitario, botánico, pedagogo, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París
Universidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresPhilippe Édouard Léon Van Tieghem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBonnier Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiÉdouard Bonnier Editar o valor en Wikidata
IrmánsElzéar Bonnier-Ortolan Editar o valor en Wikidata
ParentesJoseph Ortolan, avó Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1049869


Gaston Eugène Marie Bonnier, nado en París o 9 de abril de 1853 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1922, foi un botánico francés e ecólogo de plantas.[1] A súa abreviación oficial como autor cando se citan nomes de plantas é Bonnier.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bonnier estudou primeiramente na École Normale Supérieure de París desde 1873 a 1876. Xunto con Charles Flahault, estudou na Universidade de Uppsala en 1878. Publicou dous artigos sobre as súas impresións, ambos con Charles Flahault en 1879: "Observations sur la flore cryptogamique de la Scandinavie" e "Sur la distribution des végétaux dans la region moyenne de la presqu’ile Scandinave".

Converteuse en profesor asistente, posteriormente profesor numerario, de botánica na Sorbona en 1887 e, ademais, fundou un laboratorio biolóxico de plantas en Fontainebleau en 1889. Ese mesmo ano, cofundou a revista científica Revue Générale de Botanique, que el editou ata 1922.

Foi un dos primeiros expoñentes da ecoloxía de plantas experimental. Transplantou plantas alpinas entre os Alpes e os Pireneos e o xardín de investigación de Fontainebleau.[3][4][5][6] Os resultados publicáronse en:

  • Cultures expérimentales dans les Alpes et les Pyrénées. Revue Générale de Botanique 2 (1890): 513–546.
  • Les plantes arctiques comparées aux mêmes espèces des Alpes et des Pyrénées (1894).
  • Nouvelles observations sur les cultures expérimentales à diverses altitudes et cultures par semis. Revue Générale de Botanique 22 (1920): 305–326.

Foi autor de varias floras de Francia, como:

  • Nouvelle flore du Nord de la France et de la Belgique pour la détermination facile des plantes sans mots techniques. Vol. I. Tableaux synoptiques des plantes vasculaires de la flore de la France. P. Dupont, París, 1894 (con Georges de Layens (1834–1897)).
  • Flore complète illustrée de France, Suisse et Belgique. (1911).

Notables estudantes de Gaston Bonnier son Henri Devaux, Maurice Bouly de Lesdain,[7] Paul Becquerel, Louis Emberger, Paul Jaccard e Albert Maige entre outros.

  1. "Gaston Bonnier". www.biologie-seite.de (en alemán). Consultado o 2021-04-21. 
  2. International Plant Names Index. Bonnier.
  3. Coulter, M. C. (1923). "Gaston Bonnier". Botanical Gazette (en inglés) 76 (4): 425–426. ISSN 0006-8071. doi:10.1086/333274. 
  4. Bournerias, Marcel (1990). "Gaston Bonnier, éminent pédagogue et botaniste de terrain". Bulletin de la Société Botanique de France. Lettres Botaniques (en francés) 137 (2–3): 93–105. Bibcode:1990BSBFL.137...93B. ISSN 0181-1797. doi:10.1080/01811797.1990.10824870. 
  5. "Prof. Gaston Bonnier". Nature (en inglés) 111 (2782): 264–265. 1923. Bibcode:1923Natur.111..264.. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/111264b0. 
  6. Smith, Gideon F.; Wolff, Ernst; Thoumin, Luce (2020). "The taxonomy and nomenclature of Kalanchoe gastonis-bonnieri Raym.-Hamet & H.Perrier (Crassulaceae subfam. Kalanchooideae), with biographical notes on Gaston Eugène Marie Bonnier (1853–1922)". Bradleya 2020 (38): 94. ISSN 0265-086X. doi:10.25223/brad.n38.2020.a13. 
  7. Des Abbayes, H. (1966). "Le Dr Maurice Bouly de Lesdain (1869–1965". Revue bryologique et lichénologique (en francés) 34 (1–2): 370–375.