Garbiñe Muguruza
Garbiñe Muguruza | |
---|---|
![]() | |
Orixe | ![]() |
Residencia | ![]() |
Data de nacemento | 8 de outubro de 1993 (29 anos) |
Lugar de nacemento | ![]() |
Altura | 1,82 metros |
Peso | 73 kg |
Profesional desde | 2 de marzo de 2012 |
Brazo hábil | Dereito |
Ganancias | $ 14 477 347 |
Individuais | |
Plusmarca | 309–151 |
Títulos | 5 WTA, 7 ITF |
Máx. Pos. Clasificación | No. 1 (11 de setembro de 2017) |
Posto actual | No. 1 (17 de setembro de 2017) |
Grand Slam - Individuais | |
Australia | CF (2017) |
Roland Garros | Gañadora (2016) |
Wimbledon | Gañadora (2017) |
US Open | 4R (2017) |
Dobres | |
Plusmarca | 76–46 |
Títulos | 5 WTA, 1 ITF |
Máx. Pos. Clasificación | No. 10 (23 de febreiro de 2015) |
Grand Slam - Dobres | |
Australia | 2R (2014, 2015) |
Roland Garros | SF (2014) |
Wimbledon | 3R (2014) |
US Open | 3R (2014) |
actualización | 20 de setembro de 2017 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Garbiñe Muguruza Blanco, nada en Guatire (Venezuela) o 8 de outubro de 1993, é unha tenista profesional hispanovenezolana que ten a dobre nacionalidade. Por decisión persoal decidiu representar a España nos torneos da WTA e na Copa Federación de Tenis da ITF. É a actual número 1 da clasificación mundial da WTA dende o 11 de setembro de 2017[1] nesta data por primeira vez na historia os números un do tenis mundial son españois, ó coincidir o reinado de Garbiñe co do balear Rafa Nadal[2].
O 4 de xuño de 2016 proclamouse campioa de Roland Garros, primeiro Grand Slam da súa carreira, logo de vencer na final a Serena Williams, número un do mundo,[3] situándose na segunda posición da clasificación da WTA. A súa mellor clasificación ata o momento era o posto número 3, acadado en outubro de 2015 cando chegou á final do Campionato de Wimbledon, final que perdeu precisamente contra Serena Williams, no ano 2017 acada o título británico ó derrotar a Venus Williams por 7-6 e 6-0 na final, facéndose con seu segundo Grand Slam[4].
Na súa carreira gañou tamén tres títulos WTA en individuais, un deles categoría Premier Mandatory e tres en dobres. A nivel ITF gañou sete torneos individuais e un en dobres. En 2015 recibiu a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "¡Garbiñe Muguruza, nueva número uno mundial!". Mundo Deportivo. Consultado o 2017-09-20.
- ↑ "Nadal y Muguruza, doblete histórico en el número 1". Mundo Deportivo. Consultado o 2017-09-20.
- ↑ Garbiñe Muguruza tumba a Serena Williams e devolve Roland Garros ao tenis feminino español
- ↑ "Garbiñe Muguruza destroza a Venus Williams y conquista su primer Wimbledon". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2017-07-24.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garbiñe Muguruza ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)
- Perfil ATP (en inglés)