Fed Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copa Federación de Tenis»)

A Fed Cup, chamada ata 1995 Federation Cup (Copa Federación), é unha das competicións máis importantes do tenis feminino. Dispútase entre equipos nacionais, sendo unha competición similar á Copa Davis do tenis masculino. Comezou a disputarse en 1963 e anualmente participan 99 países, en varios grupos e roldas. Cada rolda entre dous equipos xógase a catro partidos individuais e un de dobres (noutras épocas eran unicamente dous individuais e un dobre).

A xogadora española Arantxa Sánchez Vicario mantén actualmente o récord de vitorias tanto en individuais como en parellas na Fed Cup cun total de 72 vitorias, ademais do récord de máis partidos (100) e máis anos xogados (16).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.