Saltar ao contido

Gandhabbakāya saṃyutta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gandhabbakāya saṃyutta
LinguaPali
ColecciónCanon pali
Precedido porSupaṇṇa saṃyutta (Discurso sobre os garuḍas)
Seguido porValāhaka saṃyutta (Discurso sobre as deidades das nubes)
editar datos en Wikidata ]
Un gandhabba (dereita) nunha escultura vietnamita do estilo Trà Kiệu (século X)
Un gandhabba (dereita) nunha escultura vietnamita do estilo Trà Kiệu (século X)

O Gandhabbakāya saṃyutta ou Discursos sobre os gandhabbas é un texto budista do canon pali. Trátase do trixésimo primeiro saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos gandhabbas, unhas deidades da mitoloxía budista.[1][2][3]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Situación no canon pali

[editar | editar a fonte]

O Gandhabbakāya saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados.[4] Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka (Cesto dos suttas), o segundo conxunto de textos do canon pali.[4]

En concreto, o Gandhabbakāya saṃyutta atópase entre o Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍas) e o Valāhaka saṃyutta (Discursos sobre as deidades das nubes).[4]

Composición

[editar | editar a fonte]

O libro está composto dun total de 112 suttas.[5] Os suttas do 4 ao 12, do 13 ao 22 e do 23 ao 112 forman están abreviados nun único discurso.[5]

Numeración Título
1 Suddhika sutta
2 Sucarita sutta
3 Mūlagandhadātā sutta
4-12 Sāragandhādidātāsuttanavaka
13-22 Mūlagandhadānūpakārasuttadasaka
23-112 Sāragandhādidānūpakārasuttanavutika

O Gandhabbakāya saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos gandhabbas, un tipo de deidades menores da mitoloxía budista, asociados coa música, as plantas e os recendos.[5][6] Na obra, o Buda explica o nacemento destas criaturas e o seu modo de vida, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.[5][6] Segundo o texto, os gandhabbas son deuses que viven entre árbores fragrantes, nas súas raíces, nas súas cascas, nas súas follas, ou incluso nos seus froitos.[7]

  1. "Gandhabbakāyasaṃyuttaṃ - Khandhavagga - Saṃyutta - Sutta - Tipiṭaka (Mūla) - Pāḷi Tipiṭaka (Pali Tipitaka)". tipitaka.online-dhamma.net. Consultado o 2024-02-19. 
  2. "Samyutta Nikaya - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2024-02-19. 
  3. "Index to SN 3.31: The Gandhabbakaya Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Index of the Vaggas and Their Samyuttas of the Samyutta Nikaya". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Index to SN 3.31: The Gandhabbakaya Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19. 
  6. 6,0 6,1 "Gandhabbakāya saṃyutta". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19. 
  7. "Saṃyutta nikāya, 31.1". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]