Gambrinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gambrinus.jpg

Gambrinus é un lendario rei de Flandres, e o santo patrón non oficial da cervexa ou das cervexarías[1], como Baco o é do viño.

As orixes do personaxe son incertas. Algunhas fontes personifícano con nobres medievais, así para algúns se trata do duque de Brabante Xoán I (1251-1295)[2] mentres que outros o identifican con Xoán I "sen medo", duque de Borgoña (13711419)[3], que, é considerado o inventor da cervexa con malte lupulada. Tamén un dos copeiros de Carlomagno se chamaba Gambrinus

A mención máis antiga do nome aparece no poeta alemán Burkart Waldis, que o menciona no ano 1543, explicando que Gambrinus aprendeu a arte cervexeira de Isis, a deusa da maternidade e da fertilidade no Exipto antigo.

Posíbeis etimoloxías latinas do nome apuntan a unha orixe en "cambarus" (adegueiro) e "ganae birrinus" (o que bebe na taberna)[4]. Outras explicacións aluden aos cervexeiros de Cambrai (Francia) que eran chamados gambarius, ou á verba do alemán medieval gambra que se refire o xermolar do gran, ou á palabra cambier, empregada para os cervexeiros no norte de Francia durante a Idade Media[1]. Doutra parte, a Cervexaría Gambrinus de Plzeň, República Checa explica o nome como orixinado de Jan Primus (Xoán primeiro), en referencia ao duque Xoán I de Borgoña.

Gambrinus é a miúdo representado con traxe de rei; vestido como un cabaleiro medieval, ou, menos correntemente, como un vello gordocho.

Dado o significado alegórico de Gambrinus, numerosas cervexarías ou compañías cervexeiras de Europa e Norteamérica teñen adoptado a súa imaxe (ou o seu nome) como emblema da súa marca de cervexa ou en carteis, etiquetas etc.

Varias destacadas cervexeiras que levan o nome de Gambrinus ou usan a súa imaxe, son:

Na cidade galega da Coruña ten dedicada a rúa Gambrinus,[5][6] na que se localiza a factoría cervexeira Hijos de Rivera, que entre outras marcas elabora a cervexa Estrella Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]