Galiñola negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galiñola negra

En Tasmania, Australia


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Fulica
Especie: F. atra
Nome binomial
Fulica atra
Linnaeus, 1758
Distribución de F. atra      Cría     Anual     Inverno
Distribución de F. atra      Cría     Anual     Inverno

Distribución de F. atra      Cría     Anual     Inverno
Sinonimia
  • Fulica prior De Vis, 1888[2]

A galiñola negra, tamén chamada galiñola negra común[3] ou galiñola de auga[4] (Fulica atra), é unha ave de costumes acuáticos.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

Case do tamaño dun parrulo, a galiñola negra é completamente negra e ten un pico branco caracterizado cun escudete. É unha palmípede dunha lonxitude de 38 cm, envergadura de 70–80 cm e un peso aproximado de 700 gramos. Morfoloxicamente machos e femias son iguais. Ó nadar cabecea ritmicamente a cabeza.

Habita en augas doces cunha vexetación de ribeira abondosa. Aliméntase de herba, insectos e brotes de plantas, que busca mergullándose ou ben na ribeira.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Fulica atra

A galiñola negra constrúe niños flotantes entre abril e xullo. En Galicia é habitual que críe na espesura dos canavais e espadanais. A posta é de 5-10 ovos cun tempo de incubación de 23-24 días. Os polos comezan a voar ás 8 semanas de vida.

Distribución[editar | editar a fonte]

Ave común en toda Europa Occidental. No Leste só está presente na época de cría.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Fulica atra". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Condon, H. T. (1975) Checklist of the Birds of Australia: Non-Passerines Royal Australasian Ornithologists Union, 57:311
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Definición de Galiñola negra no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)