Saltar ao contido

A galiña azul (escolas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galescola»)
Escola infantil do Grove, co actual logotipo
Escola infantil de Salceda, co anterior logotipo da Galescola

A galiña azul, rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de galescolas, é a rede de escolas de educación infantil dependentes da Xunta de Galicia dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.

A rede de escolas infantís está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008, mais foi a partir do curso 2009-2010 que mudaron o nome.

É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde Internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.

O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as escolas infantís comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.

Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.

Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.

As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, e co obxectivo de superar o concepto de garda e custodia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]