Conversa:A galiña azul (escolas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

A iniciativa das Galescolas surgiu desde sectores reintegracionistas como resposta ao problema da escolarizaçom dos nenos e nenas galegofalantes nas cidades galegas. O seu objectivo principal é a criaçom duma rede de escolas onde as crianças possam falar galego numa situaçom de normalidade. A associaçom VOGAL (Viveiro e Observatório das Galescolas) foi constituída para definir e organizar o projecto, colaborar com as Galescolas, e actuar como coordenadora. Presta apoio técnico, jurídico e financeiro, participando no capital social das escolas quando for necessário, e visa colaborar com organismos e associações que prossigam objectivos similares ou complementares. O seu intuito é criar escolas em regime de cooperativa, democráticas e participativas, oferecendo um ensino laico e de qualidade. As Galescolas propoem-se como escolas multilingues, com o galego-português como língua veicular, e visa-se promover as relações com as culturas lusófonas. O projecto fica aberto a todas as pessoas, com o objectivo de dar uma visom ampla da língua, também na sua dimensom internacional, na que todos/as possamos sentir-nos a vontade. Formou-se um grupo para o primeiro projecto, que já começou a desenvolver actividades em Vigo. O modelo organizativo proposto é o de cooperativa de trabalho associado, que permite integrar o professorado, as mães e pais e a associaçom VOGAL. Para mais informaçom:

Vogal - Galescolas

As galescolas da Xunta son centros de educación infantil de titularidade pública dirixidos a nenos e nenas de 0 a 3 anos nas que a lingua de instrución é o galego, ainda que en zonas castelanfalantes establécese un mínimo dun terzo das horas que os nenos botarán nas garderías de Galicia que se desenvolvan en galego. Segundo a Vicepresidencia da Xunta de Galicia esperanse abrir un 99 centros que dean cabida a 5.500 nenos e nenas e a case outras tantas familias. As galescolas da Xunta comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008.

Neutralidade e guerra de edicións[editar a fonte]

Nestas últimas horas desfixen por tres veces os mesmos trocos. O usuario que os fixo, e que logo desfixo os meus, Csantos é novo na Galipedia, e considero que estamos nun proceso de aprendizaxe. Prego que ningún outro administrador considere isto unha guerra de edicións.

Os elementos que Csantos engade e que violan o punto de vista neutral son deste tipo:

  • Están localizadas atendendo a criterios de necesidade, favorecendo aos pequenos concellos do interior, xa que doutro xeito sería moi difícil que contasen cun servizo destas caracterísiticas. Esa é unha afirmación complexa, porque xustifica e respalda unha acción de tipo político que non está referenciada. Que son os criterios de necesidade? A oposición pensa o mesmo deses criterios de necesidade?
  • A seguridade, amabilidade e calidez do ambiente nestas escolas facilita.... Afirmación subxectiva. Estamos en condicións de probar que a xente nas Galescolas é amable?

O resto de afirmacións incluídas por Csantos que eu creo que eran obxectivas e neutrais xa foron recollidas no artigo, como a existencia da figura da parella educativa e do consello de representación. --Xabier Cid 10:56, 22 xaneiro 2008 (UTC)

  • Xabier, é certo que non teño por costume editar na galipedia e por suposto sempre estou en proceso de aprendizaxe. Non son novo, en cambio, na edición e publicación de información na internet onde teño por costume respectar as opinións dos demais e en todo caso iniciar e fomentar conversas para discutir sobre diversos temas. Non teño ningún problema en que discutamos sobre esta entrada que puxen sobre as galescolas, porque teño criterio suficiente como para defender todos e cada un dos aspectos que ti borraches, xa que segundo a túa opinión se viola a neutralidade¿?¿?

Neste caso o ser neutral (o que ti entendes por ser neutral) desvirtúa a realidade comprobable por calquera persoa que coñeza (a día de hoxe, por suposto) as galescolas. En todo caso ti eres quen vixía e regula o que aparece e o que non neste sitio, e eu non vou ter tanto tempo como para andar facendo e desfacendo as miñas aportacións continuamente, ou sexa que se tes a ben engadir a información na galipedia, que seguramente irá mudando ao longo do tempo, sobre a realidade das galescolas, pois convídoche a que o refagas (aínda que sempre podemos chegar a unha redacción que mellore a anterior), se non estás disposto a describir a realidade actual (seguindo informacións recollidas de fontes coa autoridade intelectual e de coñecemento suficiente) convídoche a que deixes a túa definición do termo e que repoñas a versión que tiñas antes da miña aportación. Ti verás se queres seguir mantendo neste sitio cousas que non se axustan á realidade como por exemplo o que dis sobre a lingua de uso (algo totalmente superado segundo a lexislación vixente). Os argumentos que aportas para dicir que violo a obxectividade pódochos responder. Si, estamos en condicións de afirmar que as galescolas son amables, cálidas e seguras, en canto ao trato e a atención; forma parte do seu proxecto que, por certo é público e ao alcance de todas as familias de Galicia. Ti mesmo podes ir a calquera delas e comprobalo. Se coñeces o rural galego, e un pouco dos servizos de atención á primeira infancia, comprobarás que a apertura e localización destas galescolas si responden a unha necesidade "obxectiva" (aínda son necesarias moitas máis, para poder dar unha boa resposta ás necesidades da cidadanía galega) e se descoñeces esta realidade coido que non deberas dubidar da miña palabra. En todo caso entendo esta edición colaborativa como unha conversa, pero sempre na procura de mellorar o anterior non de desvirtualo. Un saúdo --Csantos

Ola, Csantos... Desculpa se me entendeches mal. Eu non dubido da túa palabra, en absoluto. É máis, seguro que coincido en todo o que dis con respecto a estes centros de educación. Pero unha cousa é o que pense, e o que pense calquera que vaia a elas, e outra o que podemos dicir delas na Galipedia. E non podemos dicir nada que non estea en fontes escritas anteriores, e que ademais sexan fontes imparciais e neutrais. Non digo que non sexan amables nas galescolas, senón que non podemos dicilo. Estou disposto a que melloremos o artigo, por suposto, e podemos falar punto por punto de todo. Só agardo que entendas cales son os criterios da Galipedia. Por outra parte, eu, coma ti, son bastante novo nisto; por exemplo, hai cousas que se din das galescolas, como iso do idioma, que estaban antes de que eu reparase neste artigo. O importante é mellorar o que está, e completalo con datos certos, e non con apreciacións que, estou seguro, compartiría eu contigo. Un saudiño --Xabier Cid 17:47, 22 xaneiro 2008 (UTC)

Ola de novo Xabier. Ao facermos propostas na distancia é posible que se produzan malos entendidos. Se che parece irei facendo anotacións e matices á anotación actual, modificando iso si as cuestións que non se axustan á realidade (comprobables por calquera). Procurarei non utilizar expersións "subxectivas" pero si utilizarei termos que estean recollidos en documentos públicos. Un saúdo. --Csantos A ver se agora... --Csantos

Ola de novo, Csantos. Creo que imos funcionando entre os dous, e iso gústame. Fixen algúns pequenos trocos para incorporar a información que ti dabas. Pero quitei a referencia ao Plan, e quería explicarche por que: o que estamos dicindo é que as galescolas funcionan en galego. O óptimo sería buscar unha referencia que o probase, pero en todo caso ese non é un dato subxectivo, como o era a calidez ou a amabilidade. Pero a referencia ao Plan non é unha proba de que iso sexa certo, senón unha xustificación de que sexa así. E a Galipedia non ten que xustificar unha decisión. Deixándoo, parece indicar que o goberno creou iso porque obrigaba o plan, e creo que tampouco é así. Un saudiño. --Xabier Cid 20:59, 22 xaneiro 2008 (UTC)

Xabier. Seguiremos conversando sobre este tema. Na medida en que vaia atopando outros sitios e referencias nos que quedan recollidos os aspectos que destacaba do funcionamento das galescolas e ireino modificando, se che parece. Se aparece noutras fontes poderase poñer aqui. En todo caso, non quero que isto sexa unha gerra de versións como dicías ao principio desta charla. Seguimos coa conversa. Un saúdo --Csantos

Galescola e Galiña azul[editar a fonte]

Penso que deben ser artigos independentes, porque son conceptos diferentes. Non cambia só o logo e o nome, é un cambio de concepto. Eu apostaría por independiza-los artigos. --Alberte Si, dígame? 15:41, 9 novembro 2009 (UTC)

Non o teño tan claro, segue a ser a rede de escolas infantís de Galicia, iso non mudou, pero tampouco teño unha posición moi clara sobre o asunto.--RNC 15:43, 9 novembro 2009 (UTC)
Unha opción, que tampouco teño moi clara, sería ter un artigo sobre a Rede de escolas infantís de Galicia para o que sexa común ás Galescolas e A galiña azul, que terían candaseu artigo.--RNC 15:47, 9 novembro 2009 (UTC)
  • Concordo con Albert galiza, penso que debe manterse un artigo como Galescola. Non sei se entendín ben a segunda mensaxe de RNC, se o que se propón son tres entradas distintas tamén concordo paréceme unha boa solución que permite tratar a evolución do tema en todas as súas vertentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:00, 9 novembro 2009 (UTC)
Si, iso era o que propuña na última mensaxe, tres artigos.--RNC 20:28, 9 novembro 2009 (UTC)
Reitero o dito antes, de acordo coa opción de tres artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:30, 9 novembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A galiña azul (escolas). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de maio de 2019 ás 11:08 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A galiña azul (escolas). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de novembro de 2019 ás 01:27 (UTC)