Saltar ao contido

Gabriel Barroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Barroso
Nome orixinalJosé Gabriel Barroso Sáinz
Biografía
Nacemento25 de setembro de 2002 (24 anos)
A Coruña, Galicia
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro

José Gabriel Barroso Sáinz, nado na Coruña o 25 de setembro de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Arosa, de Terceira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Ural C. F. e do Atlético Montañeros, e en 2020 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría xuvenil.[1]

Barroso comezou a tempada 2020-2021 no Deportivo Xuvenil A, equipo que se proclamaría campión de España na final ante o FC Barcelona esa mesma tempada,[2] pero a mediados de tempada decidiu fichar pola Peña Deportiva de Eivisa, onde alternaba entre o xuvenil e o sénior.

Tras o seu paso polas ligas baleares, na tempada 2021-2022 fichou polo Laracha C. F., onde logrou gañar a LXXX Copa da Coruña na final disputada o 18 de xuño no estadio de Riazor.[3][4]

Na tempada 2022-2023 fichou polo Viveiro C. F. e debutou na terceira división, xogando como titular en case todos os partidos do equipo celeste,[5][6] o que lle serviu para chamar a atención do Arosa SC, que anunciou a súa fichaxe para a tempada 2023-2024 o pasado 15 de xuño.[7][8][9][10]

Tempada Equipo Categoría PX[11] G[11] TA[11] TV[11]
2021-2021 Illas Baleares Peña Deportiva Preferente de Ibiza-Formentera 5 2 0 0
2021-2022 Galicia Laracha C. F. Preferente 33 9 4 0
2022-2023 Galicia Viveiro C. F. 3ª 26 2 4 1
2023- Galicia Arosa SC 3ª 0 0 0 0

PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

  1. ↑ Castiñeira, Martín (27 de outubro de 2020). "Un Juvenil A ilusionante". Riazor.org (en castelán).
  2. ↑ "El Dépor se proclama Campeón de España juvenil por segunda vez". RC Deportivo (en castelán). 27 de xuño de 2021.
  3. ↑ Longueira, Toni (17 de xuño de 2022). "El Laracha se alza con la Copa Coruña". La Voz de Galicia (en castelán).
  4. ↑ "El Laracha, campeón en los penaltis en Riazor". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de xuño de 2022.
  5. ↑ Díaz Rolle, Iván (28 de xulio de 2022). "Gabriel Barroso, otra pieza para la reestructuración total del Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán).
  6. ↑ Albo, Miguel (5 de xulio de 2022). "El Viveiro presenta a Adrián Casillas, Gabriel Barroso y Jerome-Eros". El Progreso (en castelán).
  7. ↑ Cardalda, Samuel (15 de xuño de 2023). "Gabriel Barroso, segundo fichaje Sub23 del Arosa". Diario do Salnés (en castelán).
  8. ↑ "El Arosa completa el centro del campo". Faro de Vigo (en castelán). 16 de xuño de 2023.
  9. ↑ Sánchez, Gonzalo (16 de xuño de 2023). "El coruñés Barroso llega al Arosa, donde no siguen Sandá, Fajardo y Abel". Diario de Arousa (en castelán).
  10. ↑ "El Arosa se refuerza con juventud y gol". Muchacalidad (en castelán). 16 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2023. Consultado o 21 de xuño de 2023.
  11. 1 2 3 4 "Gabriel Barroso". lapreferente.com. Consultado o 25 de abril de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]