Alfonso Aragón Bermúdez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1923 Ulea, España |
Morte | 22 de xuño de 1976 (53 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Hepatite |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Pallaso , presentador de televisión , cantante |
Período de actividade | 1939 - 1976 |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Familia | Family Aragón (en) |
Cónxuxe | Juana Sac Majadas |
Fillos | Alfonso Aragón Sac (pt) , Rody Aragón (pt) |
Pais | Emilio Aragón Foureaux (en) e Rocío Bermúdez Contreras (en) |
Irmáns | Emilio Aragón Bermúdez |
Alfonso Aragón Bermúdez, nado en Madrid o 8 de febreiro de 1923 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 1976, coñecido como Fofó, foi un pallaso español, membro dos soados Os pallasos da tele.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no Puente de Vallecas, no seo dunha familia de tradición circense. Era fillo de Emilio Aragón Foureaux, coñecido como Emig e sobriño de Pompoff e Thedy. Cando era moi novo, uniuse aos seus irmáns Gabriel e Emilio para formar o trío Gaby, Fofó e Miliki. Comezaron a traballar como trío durante a década de 1930 e mantivéronse durante varias tempadas no Circo Price de Madrid.[1]
En 1946, trala morte do seu pai, Fofó e os seus irmáns abandonaron España e tras unha estancia en México, recalaron en Cuba (onde nacerían os seus fillos, Fofito e Rody, e onde debutarían na televisión). Nos anos seguintes, o seu espectáculo televisivo alcanzou un éxito considerable, e traballaron en distintos países de América: Porto Rico, os Estados Unidos, Venezuela e a Arxentina, entre outros.
Fofó e os seus irmáns regresaron a España en 1972, e ao ano seguinte puxeron en marcha o famoso programa El Gran Circo de TVE. Fixéronse cromos, xoguetes, chaveiros e ata cómics cos irmáns Aragón.
En pleno éxito, o 22 de xuño de 1976, Fofó morreu por mor dunha hepatite.[2] A súa morte supuxo unha auténtica conmoción no país, polo querido do personaxe e o inesperado da noticia.
En 1999 reeditáronse as súas cancións no disco Homenaje a Fofó: Había una vez, que tivo a súa continuación o ano seguinte con A todos los niños del mundo.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]En Madrid bautizouse unha rúa co seu nome e levantouse unha estatua na súa memoria no Parque de Atraccións.[2] En Murcia tamén se construíu un parque no seu honor, dándolle o seu nome.
En Elx erixiuse unha estatua a Fofó, rodeado de nenos, nun dos puntos máis representativos do Palmeiral de Elx: xunto ao estanque dos patos no Parque Municipal.
No parque infantil de Albox (Almería) existe un pequeno monumento cun busto de Fofó.
O 28 de maio de 1998, Correos emitiu un selo coa súa imaxe, cun valor facial de 70 pesetas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ano debut co trío "Gaby, Fofó e Emilín"". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Os pallasos da tele Arquivado 29 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. Seronoser.free.fr. Consultado o 4-1-2012.
- ↑ Selo conmemorativo.