Saltar ao contido

Motoori Ōhira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fuji no Kakitsu»)
Infotaula de personaMotoori Ōhira

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 本居大平 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1756 Editar o valor em Wikidata
Matsusaka Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1833 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDomínio de Wakayama (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMotoori Norinaga Editar o valor em Wikidata
AlumnosYamanouchi Shigeki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesMotoori Norinaga (pai adoptivo) Editar o valor em Wikidata

Motoori Ōhira (xaponés: 本居 大平), nado o 17 de marzo de 1756 e finado o 23 de outubro de 1833, foi un erudito do movemento Kokugaku, sucesor de Motoori Norinaga como líder da súa escola.[1] O seu pseudónimo era Fuji no Kakitsu (藤 垣内).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ōhira naceu en Matsuzaka, na provincia de Ise (actual prefectura de Mie). Foi o fillo de Inagake Munetaka, un mercador e discípulo de Motoori Norinaga. Ōhira entrou tamén na escola de Norinaga aos 13 anos, e foi adoptado por este aos 44. O autor herdou a casa familiar dos Norinaga ao finar este, xa que o primoxénito, Motoori Haruniwa, estaba cego. En 1802, Ōhira recibiu orde de traballar no dominio de Wakayama, do que Norinaga fora servo. Xa que logo, a escola escindiuse co traslado de Ōhira en 1809: unha das pólas, dirixida por Haruniwa, quedou afincada en Matsuzaka, e a outra, a de Ōhira, estableceuse en Wakayama.

Ōhira foi unha persoa amable, polo que gañou a confianza do seu señor, ao que ensinou a literatura clásica xaponesa. Editou o Ise zoku fudoki 伊勢続風土記, unha obra de corografía sobre a provincia de Ise. Chegou a ter uns 1 000 discípulos.

Obra[editar | editar a fonte]

O pensamento de Ōhira seguiu con fidelidade ao do seu mestre Norinaga. Na liña do Kokugaku, criticou os supostos efectos nocivos da introdución do budismo e das correntes intelectuais chinesas no Xapón.[2] Por exemplo, considerou a adoración pola figura de Buda unha falta de respecto ao Emperador e aos kami, e puxo en cuestión os costumes funerarios budistas.[2] Tamén citou ao confucianismo como unha influencia negativa.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Kogaku no kaname 古学要 ("Fundamentos dos estudos clásicos")
  • Tamahoko hyakushukai 玉鉾百首解 ("Explicación de 100 poemas do tamahoko")
  • Kagurauta shinshaku 神楽歌新釈 ("Unha nova interpretación das cancións kagurata")
  • Yasoura no Tama 八十浦之玉 ("A xoia de oitenta ura")
  • Inabashū 稲葉集 ("Escolma de Inaba")

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kornicki 2001, p. 217.
  2. 2,0 2,1 2,2 Tanaka 2014, p. 228-229.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]