Agrupación Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fronte Nacional (Francia)»)
Agrupación Nacional
Rassemblement national
Dirixentes e organización
LíderMarine Le Pen
MocidadesGénération Nation
Historia
Fundación5 de outubro de 1972
Representación
Asemblea Nacional
7 / 577
Senado
1 / 348
Parlamento Europeo
20 / 74
Outros datos
SedeNanterre, Francia
Na rede
rassemblementnational.fr
Facebook: RassemblementNational Twitter: RNational_off Instagram: rassemblementnational_fr Telegram: rassemblementnational Youtube: UCeWMp4Frgyv275gSnWNYoZQ Flickr: frontnational Editar o valor em Wikidata

A Agrupación Nacional (en francés, Rassemblement national, RN) —denominado ata 2018 Fronte Nacional (FN) (en francés, Front national)— é un partido político francés de extrema dereita[1] que se define como dereita nacionalista, populista e soberanista.

Presidencia do RN[editar | editar a fonte]

En 2011 Marine Le Pen sucedeu ao seu pai ao mando do partido

A presidencia estivo en mans do seu fundador Jean-Marie Le Pen desde 1972 ata 2011, ano en que foi substituído pola súa filla Marine Le Pen.[2]

Poder do RN[editar | editar a fonte]

É o primeiro partido en voto obreiro de Francia, con dous terzos dos seus votantes procedentes do Partido Comunista de Francia e do Partido Socialista. É por iso que se o considera un partido transversal, con ideas de dereita e esquerda e con votantes de ambo-los dous espectros políticos.

Durante os anos 90 e a primeira década do século XXI, a Fronte Nacional foi o terceiro partido político francés, tralo de centro-dereita (UMP) e o de centro-esquerda (Partido Socialista).

Nas presidenciais de 2002, o candidato do partido Jean-Marie Le Pen pasou á segunda volta, deixando fóra o candidato do Partido Socialista, e competiu contra o candidato da UMP, Jacques Chirac, daquela presidente. Nesa votación, Le Pen tan só acadou o 17,8% dos votos. Nas seguintes dúas eleccións presidenciais, a FN non atangueu a segunda volta. En 2017, a candidata Marine Le Pen foi a segunda máis votada, atrás de Emmanuel Macron, perante quen caeu na segunda volta cun 33,9% de apoio, o mellor resultado do partido ata a data.

En 2005, a FN fixo campaña polo non no referendo sobre o Tratado que establece unha constitución para Europa, que venceu por un 55%, fronte ao 45% do si. Comunistas e boa parte dos socialistas tamén apoiaron o voto en contra.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e 2019 foi o partido máis votado en Francia. Na Eurocámara, o RN está integrado no grupo parlamentario Identidade e Democracia, canda outros partidos euroescépticos e nacionalistas de dereitas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Karapin, Roger (1998). "Review: Radical-Right and Neo-Fascist Political Parties in Western Europe". Comparative Politics 30 (2): 213–234. ISSN 0010-4159.