Fredrikstad
| Epónimo | Frederico II de Dinamarca | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Estado | Noruega | ||||||||||
| Condados | Østfold | ||||||||||
| Capital | Fredrikstad (en) | ||||||||||
| Poboación | |||||||||||
| Poboación | 85.862 (2025) | ||||||||||
| Número de fogares | 36.335 (2018) | ||||||||||
| Lingua usada | bokmål (målform) | ||||||||||
| Xeografía | |||||||||||
| Superficie | 292,56 km² | ||||||||||
| Punto máis alto | Østento (en) | ||||||||||
| Comparte fronteira con | |||||||||||
| Datos históricos | |||||||||||
| Creación | 1567 (Gregoriano) | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
| Organización política | |||||||||||
| • Alcalde | Jon-Ivar Nygård (2011–2021) Siri Martinsen (2021–2023) Arne Sekkelsten (en) | ||||||||||
| Membro de | |||||||||||
| Identificador descritivo | |||||||||||
| Fuso horario | |||||||||||
| Outro | |||||||||||
| Irmandado con | |||||||||||
| Sitio web | fredrikstad.kommune.no | ||||||||||
Fredrikstad é un concello e unha cidade de Østfold, Noruega. Cunha poboación de 71.976 habitantes (censo de 2008), Fredrikstad é a meirande cidade de Østfold e a sexta cidade norueguesa máis poboada. Forma unha conurbación coa veciña cidade de Sarpsborg, coñecida como Fredrikstad/Sarpsborg, que aglutinaba 101.698 habitantes en 2009, co que é a quinta maior área metropolitana de Noruega.
O seu centro histórico é unha das cidades fortificadas mellor conservadas de Norte de Europa. A cidade, fundada en 1567 por Frederico II, tivo nos seus inicios unha importancia defensiva para Noruega, e a comezos do século XX converteuse nun dos maiores centros industriais do país, sendo as súas principais actividades a madeira, a construción naval e a industria química.
Historia
[editar | editar a fonte]Fredrikstad foi fundada en 1567 polo rei Frederico II como unha reconstrución da cidade de Sarpsborg que fora queimada polos suecos durante a Guerra Nórdica dos Sete Anos. A nova cidade localizábase a 15 quilómetros ó sur da orixinal, na desembocadura do río Glomma. A súa proximidade ó mar e ós terreos chans e abertos do seu redor facían máis efectiva a súa defensa. Nun principio foi chamada Sarpsborg, pero o seu nome mudouse polo de Fredrikstad en 1569.
Durante a Guerra de Torstensson (1644-1645) entre Suecia e o Reino de Dinamarca e Noruega, levantouse unha fortificación temporal na cidade. Na década de 1660 esa fortificación fíxose permanente, cando iniciou a construción da fortaleza de Fredrikstad por Willem Coucheron. Dese xeito, a cidade cobrou importancia estratéxica para defender Noruega polo sueste. Malia isto, a súa poboación mantívose escasa en número. En 1635, fundouse un suburbio na ribeira occidental do Glomma, Vestsiden, cuxa poboación medrou máis axiña que a parte vella e en pouco tempo converteuse no centro de gravidade demográfico. A maioría dos edificios da cidade vella foron destruídos por un incendio en 1764.
Durante a fase norueguesa da Gran Guerra do Norte, o almirante Peder Tordenskjold mantivo a súa frota en Fredrikstad para enfrontar ós suecos. Na Guerra Sueco-Noruega de 1814, a cidade foi atacada e a súa fortaleza capitulou o 4 de agosto dese mesmo ano.
En 1860 abolíronse os privilexios de serradoiro, unha medida instaurada no século XVII polo goberno absolutista que limitaba e controlaba estritamente a explotación de madeira. Coa abolición iniciouse un importante crecemento para Fredrikstad, que se especializou na industria da madeira, o que lle valeu o alcume de "a cidade das táboas". A comezos do século XX decaeu a exportación de madeira, e a economía da cidade diversificouse cara a outras industrias, como a de ladrillos, de materiais pétreos e a construción naval, grazas ó seu grande estaleiro. Nun tempo relativamente curto, Fredrikstad transformouse dunha pequena cidade comercial a un dos maiores centros industriais de Noruega.
