Franschhoek
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | Cabo Occidental | |||
Distritos municipais da África (pt) | Cape Winelands District Municipality (en) | |||
Municípios locais da África (pt) | Stellenbosch Local Municipality (en) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 7,05 km² | |||
Altitude | 273 m | |||
Creación | 1688 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7690 e 7690 | |||
Prefixo telefónico | 021 | |||
Sitio web | franschhoekweb.co.za |
Franschhoek (en holandés: "Recuncho francés") é unha pequena cidade da Provincia Western Cape e unha das cidades máis antigas de Suráfrica.
Historia
[editar | editar a fonte]Este val de Suráfrica foi establecido orixinalmente en 1688 polos refuxiados hugonotes franceses, a moitos deles foron dadas terras polo goberno holandés nun val chamado Olifantshoek (recuncho dos elefantes), nomeado deste xeito polas grandes mandas de elefantes que viviron na zona.
O nome axiña mudou a Franschhoek, xa que moitos dos colonos nomeaban as súas novas granxas con nomes das áreas das que chegaron. La Motte, La Cotte, Cabrière, Provence, Chamoix, Dieu Donné e La Dauphine estaban entre algunhas das primeiras granxas (moitas aínda conservan as súas casas orixinais a día de hoxe).
A herdanza hugonote presérvase hoxe co monumento hugonote que foi posto na entrada do pobo. A arquitectura holandesa non foi agredida, foron establecidas restricións a quen quixese facer restauracións ou novas construcións, para conservaren o espírito dos colonos orixinais da zona.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A vila comezou a experimentar un pulo desde os anos 90, e con isto medraron os prezos das propiedades. O tempo ideal de verán, os cumios nevados de inverno e a proximidade de Cape Town fixeron de Franschhoek unha das rexións resindenciais máis solicitadas de Suráfrica. A construción da escola privada tamén trouxo moitos habitantes á vila.
Franschhoek é famosa por ter algúns dos restaurantes de maior clase do país. Este feito, así como a cultura do viño e a beleza natural e arquitectónica fixeron de Franschhoek o que moitos coñecen como a 'capital da comida e do viño' de Suráfrica. As características de Franschhoek convertérono nun destino turístico popular.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Franschhoekweb
- Franschhoek Wine Valley
- Official Franschhoek Wine Valley & Tourist information guide
- Cape Winelands Tourism your guide to Winelands accommodation, holiday and visitor information
- Official Western Cape and Cape Town tourism guide
- Franschhoek at your fingertips
- Franschhoek Information, Tourism and Business listings
- The Franschhoek Month newspaper