Francisco del Valle-Inclán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco del Valle-Inclán
Nacemento29 de febreiro de 1736
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento1804
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Francisco del Valle-Inclán de los Santos, nado en Sobrán (Vilagarcía de Arousa) o 29 de febreiro de 1736 e morto en Santiago de Compostela en 1804, foi un persoeiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colexial do Colexio de San Clemente e membro do seu Claustro, xogou un importante papel nas reformas universitarias postas en marcha polos Borbóns.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo un importante papel no nacemento da Biblioteca Universitaria de Santiago, da que foi o seu primeiro director entre 1774 e 1794. Tamén elaborou unhas recomendacións de funcionamento desta biblioteca e redactou os seus primeiros catálogos. Negociou co Consello de Castela diversas cuestións relacionadas coa posta en marcha do Plano de estudos de 1772, coa construción do novo edificio da Universidade, coa doazón da biblioteca de Felipe de Castro á Universidade de Santiago etc.

Foi membro da Real Sociedade Económica de Santiago e o creador do primeiro xornal galego, El Catón Compostelano (1800).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Instrución para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidad de Santiago.