Francisco Villaverde Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Villaverde Marcos
Biografía
NacementoA Baña Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Baña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Francisco Villaverde Marcos, nado en Ames, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi candidato á alcaldída da Baña nas eleccións municipais de 1979 pola candidatura Independientes Parroquiales, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Nas municipais de 1983 foi de novo candidato pola formación independente e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta. Nas municipais de 1987 foi candidato do PSdeG-PSOE e volveu se reelixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que en 1991. Neste último mandato foi deputado provincial. Perdeu a alcaldía en 1995 fronte ó PPdeG, que logrou a maioría absoluta. Foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1996, se ben non foi elixido.

Posteriormente trasladouse a Ames, onde foi elixido concelleiro polo PSdeG-PSOE nas municipais de 2007, responsabilizándose das áreas de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico. Nas municipais de 2011 foi suplente na candidatura socialista, pero tras unha cascada de dimisións volveu ser concelleiro en maio de 2013[1], nesta ocasión na oposición, asumindo tamén a Secretaría Xeral dos PSdeG en Ames dende setembro de 2012[2]. Concorreu ás municipais de 2015 e 2019 en postos testimoniais, logrando os socialistas a alcaldía en ambas ocasións. Continuou como Secretario Xeral dos socialistas de Ames ata marzo de 2022, cando foi relevado polo alcalde Blas García e pasou a ocupar a secretaría de Relacións Institucionais.


Predecesor:
Manuel Gesto Ramos
 
Alcalde da Baña
 
1979 - 1995
Sucesor:
Andrés García Cardeso

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]