Francisco Paradela Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Paradela Núñez
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
A Pobra de Trives, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAngelita Paradela Editar o valor em Wikidata

Francisco Paradela Núñez, nado en Ourense o 21 de xaneiro de 1898 e finado na Pobra de Trives o 9 de agosto de 1936, foi un comerciante e dramaturgo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Paradela Domínguez e Juana Núñez Cid. Traballador de banca en Ourense, axente de vendas de Ford e viaxante. Foi secretario da sociedade deportiva Victoria F. C.,[1] e vicesecretario da sociedade Unión Artística Orensana.[2] En 1930 foi elixido secretario da directiva da "Unión de Automóviles y servicios libres de turismos de alquiler" de Ourense.[3] Grande esmorgante e humorista, foi membro da sociedade Akademos d'Ourens dedicada a investigar sobre a influencia grega na Galicia prerromana, que tiña a súa sede no café La Unión de Ourense. Francisco foi o director das actividades populares do grupo, que representaba cancións escenificadas, tangos orquestrados sen instrumentos, o "carnaval de Roma" e os "remeros do Volga", comedietas eróticas burlescas improvisadas, as "comedias fúnebres de Aladino", ventriloquia sen monecos, xuízos orais, poesías, contos e situacións. Foi autor de números e sketchs de variedades moi celebrados, aínda que non deixou obra publicada.[4]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo. O 2 de agosto xunto con Aquilino Sánchez Rodríguez e Joaquín Losada Filgueira que viñan da prisión do Carballiño, foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). A Francisco Paradela prendéronlle lume e despois metrallárono o 9 de agosto.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Doval Iglesias e foi pai de María, Elisa, Olga e Francisco Paradela Doval.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 12-6-1920, p. 2.
  2. La Región, 19-12-1922, p. 22.
  3. La Región, 22-1-1930, p. 1.
  4. Fernández, Camilo (1995). Eduardo Blanco Amor e o teatro. Universidade de Barcelona. p. 70. ISBN 84-475-1060-3. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]