Aquilino Sánchez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aquilino Sánchez Rodríguez
Nacemento1874
Lugar de nacementoOseira
Falecemento1 de novembro de 1936
Lugar de falecementoVilariño Frío
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e perito agrícola
editar datos en Wikidata ]

Aquilino Sánchez Rodríguez, nado en Oseira (San Cristovo de Cea) en 1874 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un perito agrícola e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito agrícola destinado no concello de Maside. Propagandista agrario, fundou e foi director do periódico La Torre de Maside en 1921. Durante a Segunda República militou no Partido Radical, pasando despois a Izquierda Republicana, foi concelleiro do Carballiño e foi elixido alcalde do Carballiño o 19 de abril de 1936, logo da dimisión de Felisindo Álvarez Xesteira para facerse cargo da presidencia da Deputación de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo e trasladado o 2 de agosto á prisión de Trives. Xulgado en Ourense en proceso incoado o 15 de setembro por adhesión á rebelión, foi absolto. Foi asasinado o 1 de novembro en Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Fructuoso Manrique Martín e Eligio Núñez Muñoz.


Predecesor:
Felisindo Álvarez Xesteira
 Coat of Arms of Carballino.svg
Alcalde do Carballiño
 
1936
Sucesor:
Bernardino González Álvarez


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]