Francisco Lema Fuentes
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1964 |
| 2008 – 2015 ← Rafael Mouzo – Manuel Ínsua Ínsua → | |
| 2003 – 2007 ← Rafael Mouzo – Rafael Mouzo → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Corcubión |
| Ocupación | político, veterinario |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
Francisco Javier Lema Fuentes, coñecido como Chisco, nado en Corcubión en 1964, é un veterinario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Carlos Lema Bermúdez, funcionario do concello de Corcubión. Veterinario de profesión e funcionario, foi xefe comarcal do Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia na área de Carballo.[1] Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura da AVIC (Agrupación Veciñal Independente de Corcubión) á alcaldía de Corcubión, que foi a candidatura máis votada, e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE.[2] Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG e foi a candidatura máis votada, porén non mantivo a alcaldía, dado a que o BNG se uniu co PPdeG. O 16 de abril de 2008 foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada logo da renuncia de Rafael Mouzo e da ruptura do pacto de goberno entre BNG e PPdeG. Nas municipais de 2011 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG e foi reelixido alcalde. Non se presentou á reelección en 2015 e foi subsituído polo tamén socialista Manuel Ínsua Ínsua.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Rafael Mouzo |
Alcalde de Corcubión 2003 - 2007 |
Sucesor: Rafael Mouzo |
| Predecesor: Rafael Mouzo |
Alcalde de Corcubión 2008 - 2015 |
Sucesor: Manuel Ínsua Ínsua |