Manuel Ínsua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Ínsua Ínsua»)
Manuel Ínsua
Nacemento1959
Lugar de nacementoFisterra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e electricista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lalo Ínsua Ínsua, nado en Fisterra en 1959, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Electricista de profesión. Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 3 da candidatura do PSdeG-PSOE en Corcubión. Se ben non resultou elixido nun primeiro momento, a renuncia dun compañeiro no mes de xullo fíxoo acceder á corporación e ocupar responsabilidades no goberno dos independentes de AVIC cos socialistas. Nas municipais de 2007 AVIC e o alcalde Francisco Lema Fuentes integráronse no PSdeG, candidatura da cal foi número 4 e resultou sela máis votada. Porén un acordo entre BNG e o PPdeG privou ós socialistas do goberno, polo que pasaron á oposición. En abril de 2008 os socialistas recuperaron o goberno trala dimisión do alcalde Rafael Mouzo e a posterior ruptura do acordo entre nacionalistas e populares. Nas municipais de 2011 foi o número 2 da candidatura socialista, que obtivo de novo a vitoria e se mantivo no goberno en minoría. Nas municipais de 2015 encabezou a lista do PSdeG, trala retirada do alcalde Francisco Lema Fuentes, e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, gobernando en minoría. En marzo de 2018 foi elixido coordinador comarcal do PSdeG na Costa Atlántica. Nas municipais de 2019 revalidou de novo a alcaldía, sendo a forza máis votada e establecendo un pacto de goberno co Partido Autónomo de Corcubión, que se rompeu en outubro dese mesmo ano, gobernando de novo os socialistas en solitario. Nas municipais de 2023 foi derrotado polo BNG e renunciou a recollela acta de concelleiro.


Predecesor:
Francisco Lema Fuentes
 
Alcalde de Corcubión
 
2015 - 2023
Sucesor:
Xabier Domínguez Traba

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]