Rafael Mouzo
Rafael Mouzo | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1946 |
Lugar de nacemento | Corcubión |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rafael Xosé Mouzo Lago, nado en Corcubión o 17 de decembro de 1946, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 32 anos foi elixido alcalde da vila de Corcubión por primeira vez polo Partido do Traballo de Galicia (Federación de Partido del Trabajo de España) PTE, nas primeiras eleccións democráticas (1979) despois da ditadura franquista. Nun primeiro momento empata a 5 concelleiros coa UCD de Ramón Pais Romero, pero tende máis votos, fronte a 1 edil de Unidade Galega. Trala anulación dos resultados electorais por parte da Audiencia Territorial, tras un recurso dos centristas, as eleccións repítense en outubro, sen a concorrencia de UCD, logrando 8 concelleiros fronte a 3 de Unidade Galega. Conseguiu estar 24 anos ininterrompidamente á fronte da alcaldía logo de gañar outras 5 eleccións por maioría absoluta como candidato polo Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Nas eleccións municipais de 2003 perde a maioría absoluta e pasa á oposición durante 4 anos. No 2007 volve a ser reelixido alcalde logo dun pacto coa única concelleira do Partido Popular no concello. Este pacto contradicía a doutrina xeral dos nacionalistas para os pactos (que esixían acordos co PSdeG), e polo tanto foi formalmente suspendido[1] de militancia no BNG, aínda que na práctica[2] seguiu sinalando a pertenza a ese partido. A partir do conflito entre socialistas e nacionalistas pola presidencia da FEGAMP, o proceso de expulsión foi anulado. O 31 de marzo de 2008 presentou a súa renuncia como alcalde e concelleiro. O motivo da dimisión débese a "motivos persoais de saúde". O 4 de abril de 2008 fíxose efectiva a renuncia á alcaldía nun pleno extraordinario da Corporación municipal de Corcubión.
A nivel profesional desenvolveu a súa carreira como mestre de inglés de educación primaria, dando clases principalmente no colexio José Carrera de Corcubión.
Predecesor: Ramón Pais Romero |
![]() Alcalde de Corcubión 1979 - 2003 |
Sucesor: Francisco Lema Fuentes |
Predecesor: Francisco Lema Fuentes |
![]() Alcalde de Corcubión 2007 - 2008 |
Sucesor: Francisco Lema Fuentes |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O proceso de expulsión dos edís rebeldes do Son, Muros e Corcubión entra na recta final. La Voz de Galicia, 22 de setembro de 2007
- ↑ "Web municipal do Concello de Corcubión". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2007.