Francisco Javier García Gaztelu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1966 (58 anos) Galdakao, España |
Actividade | |
Membro de | |
Participou en | |
13 de xullo de 1997 | Secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco |
Outro | |
Condenado por | Secuestro asasinato |
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao (Biscaia) o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi",[1][2] entre outros. Formaba parte da "á máis dura" da banda terrorista, sen ter amosado nunca arrepentimento polos seus actos nin ter condenado os da banda.[3]
Arrestado en 2001, cumpre varias condenas que suman uns 500 anos de cadea.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa actividade criminal durante os anos 80 no «Comando Donosti», chegando a ser xefe militar da banda terrorista nos últimos anos do século XX tras a caída de "Kantauri".
Participou nun tiroteo xunto a outros membros do Comando Biscaia de ETA en agosto de 1991, no cal resultaría morto o tamén etarra Juan María Ormazábal, Tturko, así como o ertzaina, Alfonso Mentxaka. Despois deste incidente foxe á clandestinidade, realizando primeiro labores de apoio para diversos comandos e integrándose a finais do ano 1994 no comando Donosti, dirixido por Kantauri.
Segundo os expertos, "Txapote" representa a liña dura dentro de ETA, oposta á tregua de 1998.[5][6] A el atribúeselle a reestruturación operativa duns vinte comandos e o fortalecemento da actividade militar de ETA durante os meses seguintes á tregua. "Txapote" impuxo un novo sistema de organización dos comandos polos que estarían formados por tres membros liberados da organización, dos cales só dous participarían simultaneamente na comisión de atentados. O outro membro sería o encargado de limpar os pisos de probas e informar á dirección no caso de que fosen detidos os dous primeiros.
Detención e xuízo
[editar | editar a fonte]A súa detención prodúcese por mor da investigación polo roubo dunha troqueladora en Irún, en novembro de 1999. Os detidos facilitaron o nome do colaborador de ETA Ibon Muñoa que nos anos anteriores proporcionou apoio loxístico ó Comando Donosti. Muñoa declarou que se entrevistou con "Txapote" en Anglet.
Esta localidade do sur de Francia sería peiteada con axuda da policía francesa até localizalo o 22 de febreiro de 2001. A detención tivo lugar á primeira hora da tarde no barrio de Sables d'Or de devandito municipio cando comía na terraza do restaurante 'Havana Cafe'.
Estes feitos tiveron lugar pouco despois de que ETA asasinase a dous traballadores da empresa Electra no seu intento de matar cun coche bomba ó concelleiro socialista Iñaki Dubreuil Churruca.
Foi xulgado en xuño de 2006. Acolleuse ó seu dereito a non declarar durante o xuízo, presentando unha actitude desafiante. Aínda que se negou a intervir na primeira xornada do xuízo, Gaztelu utilizou o seu dereito á última palabra para recoñecer ser "militante de ETA" e afirmar que a banda non abandonaría a súa loita.
Foi condenado a 50 anos de cárcere como autor material do asasinato de Miguel Ángel Blanco; pola súa actitude, o tribunal na súa sentenza tamén lle prohibe achegarse á localidade biscaíña de Ermua durante cinco anos a partir da súa excarceración. No xuízo polo asasinato do socialista Fernando Múgica, foi condenado a 82 anos de cárcere e prohibíuselle visitar Donostia, cidade na que se cometeu o asasinato e onde reside a familia Múgica, durante o seis anos seguintes á súa saída do penal.
O 23 de xaneiro de 1995, cando comía con María San Gil nun restaurante de Donostia, o popular vasco Gregorio Ordóñez foi asasinado dun tiro na cabeza nun atentado cometido coa participación de "Txapote",[7] sendo condenado a 30 anos de prisión[8] "como autor dun delito de asasinato terrorista con aleivosía, en concurso ideal con outro de atentado con premeditación. Ademais, prohíbiuselle achegarse durante cinco anos á familia da vítima ou a Donostia, e foi condenado a pagar 500.000 euros de indemnización ós herdeiros, aínda que o Tribunal sentenciou que non puido afirmar con exactitude se Txapote foi quen disparou, considerouse probada a súa participación no asasinato.
Esta sentenza foi motivo de polémica dado que a única proba condenatoria contra "Txapote" foi a declaración doutro coimputado, situación que noutras sentenzas provocara a absolución dos procesados.
As consecuencias prácticas destes asasinatos foron o rexurdimento dun movemento social contrario á violencia etarra, como o espírito de Ermua, e a consecuente creación dalgunhas das asociacións contrarias ó terrorismo como ¡Basta Ya!, Foro de Ermua, etc.
Relevancia posterior
[editar | editar a fonte]En agosto de 2022 Gaztelu foi transferido dende a Prisión de Estremera (Comunidade de Madrid) a unha no País Vasco polo Goberno de España.[9] En setembro de 2022 apareceu nos medios de comunicación o eslogan «Que te vote Txapote», empregado por políticos do Partido Popular e de Vox para atacar o presidente do Goberno Pedro Sánchez. A súa gran difusión na campaña das eleccións xerais do 23 de xullo de 2023[10][11] motivou que o "Colectivo de Víctimas del Terrorismo en el País Vasco", por medio da súa presidenta Consuelo Ordóñez (cuxo irmán Gregorio foi asasinado por Txapote), rexeitase a utilización «dese repugnante eslogan que causa dor entre as vítimas e os seus familiares».[12] A opinión foi compartida pola Fundación Fernando Buesa, mais desprezada por representantes da dereita, como Santiago Abascal ou Rafael Hernando.[13] Este último, malia non ter coñecido nunca a Gregorio Ordóñez, sinalou que «sabía mellor ca a súa irmá que el estaría de acordo co eslogan».[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Txapote», chef présumé de l'ETA militaire, épinglé par hasard en France - Le Temps" (en francés). 2001-02-23. ISSN 1423-3967. Consultado o 2023-08-26.
- ↑ 20minutos (2022-09-01). "El sangriento historial de más de 53 asesinatos que acompaña a 'Txapote' y Parot, los dos últimos presos de ETA acercados al País Vasco". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-08-26.
- ↑ ""¡Miradme a la cara!": los asesinos de Miguel Ángel Blanco nunca se han arrepentido". www.elconfidencial.com (en castelán). 2017-07-12. Consultado o 2021-03-31.
- ↑ Peñalosa, Gema (31 de agosto de 2022). "El Gobierno acerca al País Vasco a 'Txapote' y Henri Parot, los terroristas más sanguinarios de ETA". El Mundo. Consultado o 26 de agosto de 2023.
- ↑ "Arranca el juicio a 'Txapote' y otros tres etarras por el asesinato de un funcionario de prisiones". La Vanguardia. 23 de setembro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ "«Txapote», el brutal sicario de ETA que acumula más de 450 años de prisión". abc (en castelán). 1 de outubro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ San Gil prestá declaración en el juicio por el asesitato de Ordoñez.
- ↑ "El etarra 'Txapote', condenado a 30 años por el asesinato de Gregorio Ordóñez"
- ↑ "El Gobierno acerca al País Vasco a 'Txapote' y Henri Parot, los terroristas más sanguinarios de ETA". ELMUNDO (en castelán). 2022-08-31. Consultado o 2023-07-14.
- ↑ ""¡Que te vote Txapote!": intrahistoria del grito contra Sánchez que hasta Vox, Ayuso o Girauta han utilizado". El Plural (en castelán). 2023-01-26.
- ↑ Gálvez, Óscar López-Fonseca, J. J. (2023-07-11). "El “que te vote Txapote” de PP y Vox enfrenta a las víctimas del terrorismo". El País (en castelán).
- ↑ "Consuelo Ordóñez carga contra las juventudes del PP por sus camisetas con el lema "que te vote Txapote"". La Vanguardia (en castelán). 2023-06-21. Consultado o 2023-07-21.
- ↑ Aduriz, Diego Larrouy, Iñigo (2023-07-21). "Abascal defiende el "que te vote Txapote": "Es un grito de autenticidad"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-07-21.
- ↑ "Consuelo Ordóñez carga contra Rafa Hernando por decir que su hermano asesinado por ETA se habría unido al "que te vote Txapote"". ELMUNDO (en castelán). 2023-07-10. Consultado o 2023-07-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |