Francisco Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Flores Pérez")
Francisco Flores
President Francisco Flores El Salvador1.jpg
Francisco Guillermo Flores Pérez
Presidente do Salvador
Período 1 de xuño de 1999 - 1 de xuño de 2004
Antecesor Armando Calderón Sol
Sucesor Antonio Saca
Datos persoais
Nacemento 17 de outubro de 1959
Lugar Santa Ana
Organización ARENA
Cónxuxe Lourdes Rodríguez de Flores
Profesión político

Francisco Guillermo Flores Pérez, nado en Santa Ana o 17 de outubro de 1959 e finado en San Salvador o 30 de xaneiro de 2016, foi un político que foi o presidente do Salvador entre 1999 e 2004.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha acomodada familia mestiza conservadora. Estudou Filosofía no Amsherst College en Massachusetts, Estados Unidos, e ciencias políticas nas universidades británica de Oxford e estadounidense de Harvard. Ademais de estudos de filosofía oriental na India co pensamento propio do hinduísmo, malia isto non deixou a relixión católica.

Ingresou no mundo político despois do asasinato do seu sogro Antonio Rodríguez Porth , o Secretario privado da presidencia no Goberno de Alfredo Cristiani a mans da guerrilla salvadoreña.

Comenzou con suceso a súa carreira política no partido ARENA como Ministro de Planificación. Despois como Vice-Ministro da Presidencia, con funcións como Asesor do Xefe de Estado, e dirixiu o Plan de Acción Gobernamental para acordar os Tratados de Paz de Xaneiro de 1992 que acabaron coa loita armada entre a Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e Alianza Republicana Nacionalista do Salvador (ARENA).

Nas eleccións do 20 de marzo de 1994, Flores foi elixido Deputado para a Asemblea LeXislativa e o Presidente dese entón Armando Calderón Sol, elixiuno Secretario de Información para a Presidencia.

Presidencia[editar | editar a fonte]

O 29 de marzo de 1999 seu partido, a Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) anunciou que Flores sería seu demandante para as eleccións de 1999. Con 39 anos de idade (o xefe de Estado máis mozo do Salvador xunto a seu sucesor Elías Antonio Saca González), Flores converteuse en presidente o 1 de xullo de 1999, sendo o terceiro do partido ARENA que conseguiu o cargo de forma consecutiva, sucedendo a súa correlixionário Calderón Sol.

En súa política económica destacou por súa fidelidade na aplicación do modelo neoliberal, mudou a moeda de curso legal do país, o colón salvadoreño, polo dólar estadounidense o 2 de xaneiro de 2001, por medio da Lei de Integración Monetaria (promovida por seu goberno e aprobada pola Asemblea Lexislativa en novembro de 2000), que implicaba o proceso de dolarización de todas as transaccións económicas e financeiras nun prazo de seis meses.

En política internacional o goberno de Flores destacou polo apoio á ocupación do Iraq por parte de Estados Unidos e o envío de tropas salvadoreñas, sendo o país latino-americano que deu máis apoio político e militar ao goberno estadounidense, tamén foi dos poucos mandatarios que recoñeceu o efémero goberno golpista de Pedro Carmona na Venezuela. Outro membro de seu Partido, Elías Antonio Saca González, substituíulle na presidencia en 2004.

Presidente do Salvador

Segue a:
Armando Calderón Sol
Francisco Flores
Precede a:
Antonio Saca
ARENA