Francisco Flores
(2001) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Francisco Guillermo Flores Pérez 17 de outubro de 1959 Santa Ana |
| Morte | 30 de xaneiro de 2016 San Salvador |
| Causa da morte | hemorraxia cerebral |
| 1 de xuño de 1999 – 1 de xuño de 2003 ← Armando Calderón Sol – Elías Antonio Saca González → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Amherst College Universidade Howard University of Hartford Universidade Harvard |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Alianza Republicana Nacionalista |
| Outro | |
| Condenado por | apropiación indebida |
| Premios | |
Francisco Guillermo Flores Pérez, nado en Santa Ana o 17 de outubro de 1959 e finado en San Salvador o 30 de xaneiro de 2016, foi un político que foi o presidente do Salvador entre 1999 e 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha acomodada familia mestiza conservadora. Estudou Filosofía no Amsherst College en Massachusetts, Estados Unidos, e ciencias políticas nas universidades británica de Oxford e estadounidense de Harvard. Ademais de estudos de filosofía oriental na India co pensamento propio do hinduísmo, malia isto non deixou a relixión católica.
Ingresou no mundo político despois do asasinato do seu sogro Antonio Rodríguez Porth, o Secretario privado da presidencia no Goberno de Alfredo Cristiani a mans da guerrilla salvadoreña.
Comezou con éxito a súa carreira política no partido ARENA como Ministro de Planificación. Despois como Viceministro da Presidencia, con funcións como Asesor do Xefe de Estado, e dirixiu o Plan de Acción Gobernamental para acordar os Tratados de Paz de xaneiro de 1992 que acabaron coa loita armada entre a Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e Alianza Republicana Nacionalista do Salvador (ARENA).
Nas eleccións do 20 de marzo de 1994, Flores foi elixido Deputado para a Asemblea LeXislativa e o Presidente dese entón Armando Calderón Sol, elixiuno Secretario de Información para a Presidencia.
Presidencia
[editar | editar a fonte]O 29 de marzo de 1999 seu partido, a Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) anunciou que Flores sería seu demandante para as eleccións de 1999. Con 39 anos de idade (o xefe de Estado máis mozo do Salvador xunto a seu sucesor Elías Antonio Saca González), Flores converteuse en presidente o 1 de xullo de 1999, sendo o terceiro do partido ARENA que conseguiu o cargo de forma consecutiva, sucedendo a súa correlixionário Calderón Sol.
Na súa política económica destacou pola súa fidelidade na aplicación do modelo neoliberal, mudou a moeda de curso legal do país, o colón salvadoreño, polo dólar estadounidense o 2 de xaneiro de 2001, por medio da Lei de Integración Monetaria (promovida polo seu goberno e aprobada pola Asemblea Lexislativa en novembro de 2000), que implicaba o proceso de dolarización de todas as transaccións económicas e financeiras nun prazo de seis meses.
En política internacional o goberno de Flores destacou polo apoio á ocupación do Iraq por parte de Estados Unidos e o envío de tropas salvadoreñas, sendo o país latinoamericano que deu máis apoio político e militar ao goberno estadounidense, tamén foi dos poucos mandatarios que recoñeceu o efémero goberno golpista de Pedro Carmona na Venezuela. Outro membro de seu Partido, Elías Antonio Saca González, substituíulle na presidencia en 2004.
| Presidente do Salvador | ||
|---|---|---|
Segue a: Armando Calderón Sol |
Francisco Flores | Precede a: Antonio Saca |
| ARENA | ||