Cayetano Taboada Sotelo
Cayetano Taboada Sotelo | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1817 |
Lugar de nacemento | Codeseda |
Falecemento | 19 de marzo de 1899 |
Lugar de falecemento | Codeseda |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cayetano Manuel Taboada Sotelo, nado en Codeseda (A Estrada) o 18 de febreiro de 1817 e finado na mesma parroquia o 19 de marzo de 1899[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Luis Taboada Baamonde e de María Antonia Joaquina Vázquez Sotelo Losada, neto de Pedro Antonio Taboada e de Ana María Baamonde Cortes e de Antonio Miguel Vázquez Sotelo Mariño de Lobeira e de Manuela Antonia Jacoba Losada Navia. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o grao de bacharel en leis. Foi aprobado para avogado da Audiencia Territorial da Coruña o 8 de xullo de 1841. Casou con Magdalena Rivas Martínez, filla de Francisco María Rivas Taboada o 9 de xullo de 1855.
Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde da Estrada (1846) e logo procurador síndico (1849). Foi secretario xeral da Xunta de agricultura, industria e comercio da provincia de Ourense en 1860. No Sexenio Democrático foi militante do Partido Liberal, elixido deputado provincial en 1871, 1872 e 1873 o 28 de xullo de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.
Como concelleiro e tenente de alcalde da Estrada promoveu a construción das pontes de Abragan en Codeseda e de Liñares e mandou construír a ponte sobre o río Umia na parroquia de Souto, facendo colocar unha pedra coa inscrición: "Este puente se construyó por disposición del alcalde licenciado don Cayetano Taboada Sotelo año 1847".
Predecesor: Francisco Pereira García |
![]() Presidente da Deputación de Pontevedra 1871 |
Sucesor: Francisco Fernández Anciles
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 23-3-1899, p. 3.