Francisco Escáneo Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Escáneo Franco
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Beluso, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Escáneo Franco, nado en Beluso (Bueu) o 25 de novembro de 1896 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba na década de 1910. Traballou no ferrocarril e perdeu unha perna nun accidente laboral. Integrouse no movemento obreiro da illa. Retornou a Bueu, converteuse en empresario de transporte (autobuses e camións) e comerciante e involucrándose na política. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Bueu nas eleccións municipais que se repetiron en maio.[1] Militante do Partido Galeguista, foi elixido vogal do grupo local de Bueu cando se constituíu en abril de 1932,[2] e vicepresidente do grupo local en xaneiro de 1934.[3] Logo da vitoria da Fonte Popular en febreiro de 1936 volveu ser nomeado concelleiro de Bueu,[4] pero renunciou ao cargo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fóronlle confiscados os automóbiles da súa empresa. Finalmente foi detido na madrugada do 7 de decembro e conducido ao depósito municipal de Bueu. Xunto cos tamén detidos Francisco García Villanueva, Jacinto Lamosa Novas e José Seijas Camiña foron asasinados esa madrugada. O cadáver de Francisco Escáneo apareceu nas inmediacións do Cemiterio Municipal de Marín xunto co de Jacinto Lamosa. Escáneo, soterrado no Cemiterio de Marín, foi inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, e foi identificado o 20 de marzo de 1981, aínda que a familia sempre soubo do seu asasinato e do lugar de enterramento.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 7 de xullo de 1979 o Concello de Bueu acordou dedicarlle unha rúa a Francisco Escáneo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Pérez Santaclara en 1924,[5] e foi pai de María Luisa, Josefa e Rosario Escáneo Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 3-6-1931, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 6-4-1932, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 30-1-1934, p. 11.
  4. El Pueblo Gallego, 13-3-1936, p. 12.
  5. Galicia, 3-8-1924, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]