Francisco García Villanueva
Francisco García Villanueva | |
---|---|
Alcume | Xerello |
Nacemento | 1912 |
Lugar de nacemento | Bueu |
Falecemento | 7 de decembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Marín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco García Villanueva, coñecido como Xerello, nado en Bueu cara a 1912 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño da zona da Ramorta. Na Segunda República, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Bueu.[1] Dirixente da Juventud Socialista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República. Foi detido o 31 de xullo acusado de insultar ás traballadoras da fábrica de Massó.[2] Xulgado en Pontevedra por rebelión o 18 de setembro, o fiscal Ramón Rivero de Aguilar retirou a acusación por non atopar materia de delito e foi absolto.[3] Intentan pasealo pero logrou fuxir con vida. Volven detelo e na madrugada do 7 de decembro foi trasladado de prisión no matadoiro de Marín. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Jacinto Lamosa Novas e José Seijas Camiña foron asasinados esa madrugada. O seu cadáver e o de José Seijas Camiña foron atopados preto do matadoiro de Marín.